Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 21 de xuño de 1996 Páx. 6.192

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

NOTARÍA DO SR. FEIJOO JUARROS (A POBRA DO CARAMIÑAL)

ANUNCIO.

Eu, José Ignacio Feijoo Juarros, notario do Ilustre Colexio da Coruña, con residencia na vila da Pobra do Caramiñal, substituto da notaría da cidade da data, vacante actualmente, e cumprindo o procedemento iniciado polo que foi notario desta, o meu compañeiro José Manuel Lois Puente, procedo, de acordo co establecido nos artigos 129 e seguintes da Lei hipotecaria, regulado nos artigos 234 e seguintes do seu regulamento, a convoca-la poxa do seguinte predio:

«Campos de Cobasa» ou «Conchido», sito na parroquia de Aguiño deste concello, de dúas hectáreas, dez áreas corenta e nove centiáreas de superficie. Linda: norte, camiño de carro e en parte predios de Manuel Sieira Reiriz, Manuel Dios Reiriz, Manuel Dios Romay e dos cónxuxes Juan Fernández Sampedro e Generosa Santamaría Monteagudo; sur, o océano Atlántico; leste, o mesmo océano e, en parte, dos esposos Juan Fernández Sampedro e Generosa Santamaría Monteagudo; e oeste, camiño de carro, e despois de Dolores Sampedro Ayaso, Ángel Monteagudo Reiriz e Andrés Suárez Bretal, e, en parte, océano Atlántico. Sobre o dito predio existen as seguintes edificacións: estación depuradora, nave de depuración e depósito de augas. Está inscrita no Rexistro de Noia no tomo 667, libro 156 de Ribeira, predio 9.004 N.

A dita poxa celebrarase no meu despacho, sito nesta cidade, rúa Otero Pedrayo 3-2º, ás 12 horas do día 15 de xullo do presente ano. O prezo de saída do dito predio será de douscentos dez millóns de pesetas. Atópase á disposición dos interesados na mesma, para a súa consulta, a documentación e certificación a que aluden os artigos 236-a e 236-b do Regulamento hipotecario. Entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación. Así mesmo faise constar que as cargas, gravames e asentos anteriores á hipoteca que se execute continuarán subseguintes.

De non presentarse postor ningún ou non resultar adxudicado o predio nesta primeira poxa celebrarase, neste mesmo lugar, unha segunda, con reducción dun 25% no tipo, o día 5 de agosto ás 12 horas. E de ocorre-lo mesmo nesta, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, no mesmo lugar o día 26 de agosto ás 12 horas.

E polo presente anuncio, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, cumprindo o establecido no artigo 236-f.3 do Regulamento hipotecario, ponse en coñecemento de a cantos poida interesar.

En Santa Uxía de Ribeira o trece de xuño de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

4733