Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 21 de xuño de 1996 Páx. 6.191

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-252).

O Pleno do Concello, na sesión celebrada o día 26 de abril de 1996, acordou admitir a trámite a solicitude de formulación dun programa de actuación urbanística (P.A.U.) para o sector situado en parte do solo urbanizable non programado S.U.N.P. B-23-R pola revisión e adaptación do Plan xeral municipal de ordenación.

Acordouse así mesmo proceder á exposición pública do expediente polo prazo dun mes que computará desde a derradeira pulbicación polo prazo dun mes que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa). Ó longo do dito prazo, o expediente quedará a disposición de todo aquel que queira examinalo, podéndose face-las alegacións pertinentes. O expediente poderase examinar nas oficinas municipais de urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborais.

Oleiros, 4 de xuño de 1996.

Ángel García Seoane

Alcalde-presidente

9604732