Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 21 de xuño de 1996 Páx. 6.190

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 79 da L.C.A.P. anúnciase a contratación, mediante concurso con procedemento aberto, da obra beirarrúas

e servicios na estrada de Castela, tramo Freixeiro, O Ponto.

-Entidade:

Organismo: Concello de Narón.

Dependencia: secretaría.

Número de expediente: 10/1996.

-Obxecto do contrato:

Descrición: é obxecto deste contrato a construcción de beirarrúas e servicios: abastecemento de auga, saneamento de augas pluviais de fecais, iluminacion, amoblamento, etc., da estrada de Castela no tramo abranguido entre Freixeiro e O Ponto.

-Lugar de execución: termo municipal de Narón.

-Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

-Orzamento de licitación:

Importe total: 241.820.849 pesetas.

-Garantía provisional: 4.836.417 ptas.

-Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

-Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Narón.

b) Localidade e código postal: 15570 Narón.

c) Teléfono: 38 39 00.

d) Telefax: 38 80 44.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 13 horas do día anterior a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións.

-Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: grupo G, subgrupo 3, categoría d. Grupo G, subgrupo 4, categoría c. Grupo E, subgrupo 1, categoría d. Grupo I, subgrupo 1, categoría c.

-Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación de ofertas: en horas de oficina de 9 a 13 horas, dentro do prazo de 26 días naturais, contados a desde o día seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que cómpre presentar: a documentación presentarase en sobre pechado.

O sobre conterá a documentación esixida na cláusula 9.

A oferta ou ofertas económicas incluirán tódalas condicións particulares que se especifican no prego, e serán de acordo co seguinte modelo:

Don/Dona..., con enderezo en..., rúa..., número..., con DNI número.., ou pasaporte ou documento que

o substitúa, actuando en nome propio (ou en nome e representación de... con enderezo en..., rúa..., número..., teléfono...) toma parte no concurso convocado polo Consello de Narón e publicado en data..., para a execución das obras de beirarrúas e servicios na estrada de Castela, tramo Freixeiro, O Ponto. Fai constar que coñece e acepta as súas bases e comprométese a realiza-los traballos con suxeición ás referidas bases, polo importe que se sinala a continuación (IVE incluído):

Prezo total:... pesetas.

(O/A licitador/a, asinado e rubricado).

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Concello de Narón, rexistro xeral.

2. Enderezo: praza do Concello, s/n.

3. Localidade e código postal: 15570 Narón.

-Apertura de ofertas:

a) Entidade: Concello de Narón.

b) praza do Concello, s/n.

c) Localidade: Narón.

d) Data: o día seguinte ó que remate o prazo de presentación de plicas.

Exposición do prego: o presente prego está exposto ó público na sección de secretaría durante o prazo de oito días, para os efectos previstos no artigo 122 do D.L. 7891/1986.

Narón, 6 de xuño de 1996.

Xoán Gato Díaz

Alcalde

9604591