Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 20 de xuño de 1996 Páx. 6.090

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1996, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza, pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación dunha subministración de válvulas cardíacas (mecánicas) (C.P. 25/96).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza, en virtude das atribucións que lle forón delegadas por Orde do 15 de setembro de 1994 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, telex e telefax do órgano de contratación: sección de investimentos do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza. Planta soto da Escola Universitaria de Enfermería (anexa ó Hospital Juan Canalejo). Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña. Teléfono (981) 17 80 73. Telefax (981) 17 80 71.

2. a) Modalidade da adxudicación elixida: aberta.

b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: concurso.

3. a) Lugar de entrega: hospital Juan Canalejo (A Coruña).

b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: número da referencia da CPA (clasificación estatística dos productos por actividades). Subministración de válvulas cardíacas (mecánicas). Orzamento total: 47.520.000 ptas.

c) Indicacións relativas a posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes da subministración requirida: o concurso repártese en 2 lotes que poden ser obxecto de licitación e adxudicación separadamente.

Lote 1. Válvula mecánica monodisco: 5.760.000 ptas.

Lote 2. Válvula mecánica bidisco: 41.760.000 ptas.

4. Plazo de entrega eventualmente imposto: 1ª entrega os 15 días despois da adxudicación, o resto segundo as necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións.

5. a) Nome e dirección do servicio onde poden ser solicitados o prego de condicións e os documentos complementarios: sección de investimentos do hospital Juan Canalejo.

b) Data límite para efectua-la solicitude: 19 de xullo de 1996.

c) Se é o caso, importe e modalidade de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: ningún.

6. a) Data límite de recepción das proposicións: 26 de xullo de 1996.

b) Enderezo ó que deben enviarse: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza. Pranta baixa do hospital Juan Canalejo. Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña.

c) Língua ou línguas na que deban redactarse: galego ou castelán.

7. a) Persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar de dita apertura. sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza. Pranta baixa da Escola Universitaria de Enfermería (anexa ó hospital Juan Canalejo). Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña. Ás 10 horas do día 6 de agosto de 1996.

8. Garantías esixidas: provisional do 2% do orzamento de cada lote. Definitiva do 4% do orzamento de cada lote.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias a textos que as regulan: aboamentos en conta mediante transferencias, con periodicidad mensual.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adoptar-la unión das empresas adxudicatarias da contratación: unión temporal de empresas.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación

das condicións de carácter económico e técnico que deba reuni-lo provedor: ver cláusula 7.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato: prezo (75%), calidade dos productos ofertados (20%) e EDI sanitario + código de barras EAN (5%).

14. Se é o caso, prohibición das variantes. non se admiten.

15. Información complementaria: sección de investimentos do Complexo Hospitalario Juan Canalejo.

16. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Eurpoeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: non se publicou este anuncio.

17. Data de envío do anuncio: o 4 de xuño de 1996.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado a la OPOCE).

A Coruña, 15 de maio de 1996.

Josep Santacreu Bonjoch

Director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza

4430