Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 20 de xuño de 1996 Páx. 6.090

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 1996 pola que se anuncia concurso aberto para a contratación do proxecto e obra de construcción de vintecatro vivendas e rochos nas Somozas (A Coruña).

Cumpridos os trámites regulamentarios no correspondente expediente administrativo, o Instituto Galego da Vivenda e Solo anuncia a contratación, polo sistema de concurso aberto, da seguinte obra:

Obxecto: proxecto e obra de construcción de 24 vivendas e rochos nas Somozas, A Coruña. Expediente C-96/010.

Orzamento: 164.529.422 ptas.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Prazo de execución: 20 meses.

Garantía provisional: dispensada en aplicación do Real decreto 1883/1979, do 1 de xuño.

Garantía definitiva: 6.581.177 pesetas.

Clasificación esixida: C-2, C-4, C-5.

Categoría do contrato: d.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas que han de rexe-la contratación, estarán de manifesto e á dis

posición dos concursantes para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións no Instituto Galego da Vivenda e Solo, na Área Central, polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela, desde as 9 ás 14 horas, de luns a venres.

Modelo de proposición: proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, antes das 14 horas do día 2 de setembro de 1996.

Apertura de proposicións: a mesa de contratación reunirase en sesión pública ás 10 horas do día 13 de setembro de 1996, na sala de xuntas do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Documentos que deben achega-los licitadores: serán os indicados na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 1996.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

4429