Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 20 de xuño de 1996 Páx. 6.091

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1996, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza, pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación dunha subministración de víveres para o segundo semestre do ano 1996 (C.P. 28/96).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza, en virtude das atribucións que lle forón delegadas por Orde do 15 de setembro de 1994 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, telex e telefax do órgano de contratación: sección de investimentos do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza. Planta soto da Escola Universitaria de Enfermería (anexa ó Hospital Juan Canalejo). Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña. Teléfono (981) 17 80 73. Telefax (981) 17 80 71.

2. a) Modalidade da adxudicación elixida: aberta.

b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: concurso.

3. a) Lugar de entrega: hospital Juan Canalejo (A Coruña).

b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: número da referencia da CPA (clasificación estatística dos productos por actividades). Subministración de víveres para o segundo semestre do ano 1996. Orzamento total: 106.379.145 ptas., que se rateasen en función de os meses de prestación que efectivamente se produzcan.

c) Indicacións relativas a posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes da subministración requirida: o concurso repártese en 26 lotes que poden ser obxecto de licitación e adxudicación separadamente.

Lote 1. Aves. Orzamento: 5.826.630 ptas.

Lote 2. Ovos (ovo pasteurizado): 1.290.000 ptas.

Lote 3. Conservas vexetais: 3.123.576 ptas.

Lote 4. Zumes (zume de laranxa): 1.510.866 ptas.

Lote 5. Auga mineral: 5.667.000 ptas.

Lote 6. Confeituras (marmelada): 2.520.000 ptas.

Lote 7. Galletas: 1.260.000 ptas.

Lote 8. Infusións e solubles (café): 1.920.000 ptas.

Lote 9. Caldos e condimentos: 1.920.906 ptas.

Lote 10. Aceites comestibles (aceite de xirasol): 1.872.000 ptas.

Lote 11. Sopas, pastas e fariñas: 4.225.950 ptas.

Lote 12. Lácteos I (leite descremado e nata): 6.677.400 ptas.

Lote 13. Lácteos II (queixo fresco): 2.997.000 ptas.

Lote 14. Lácteos III (margarina vexetal): 447.300 ptas.

Lote 15. Lácteos IV (queixo de barra): 339.000 ptas.

Lote 16. Lácteos V (iogur natural): 1.122.000 ptas.

Lote 17. Lácteos VI (iogur natural desnatado): 340.170 ptas.

Lote 18. Lácteos VII (queixiños e porcións): 720.000 ptas.

Lote 19. Lácteos VIII (leite enteiro): 7.800.000 ptas.

Lote 20. Panadería e bolería (pan): 10.530.000 ptas.

Lote 21. Verduras conxeladas: 3.214.620 ptas.

Lote 22. Peixe conxelado (peixe austral): 12.966.480 ptas.

Lote 23. Peixe conxelado (outros peixes): 8.774.931 ptas.

Lote 24. Carne fresca de vitela: 16.120.320 ptas.

Lote 25. Carne de porco: 1.358.496 ptas.

Lote 26. Charcutería: 1.834.500 ptas.

4. Plazo de entrega eventualmente imposto: á demanda do centro, segundo as súas necesidades, ó longo do segundo semestre do ano 1996.

5. a) Nome e dirección do servicio onde poden ser solicitados o prego de condicións e os documentos complementarios: sección de investimentos do hospital Juan Canalejo.

b) Data límite para efectua-la solicitude: 19 de xullo de 1996.

c) Se é o caso, importe e modalidade de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: ningún.

6. a) Data límite de recepción das proposicións: 26 de xullo de 1996.

b) Enderezo ó que deben enviarse: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza. Pranta baixa do hospital Juan Canalejo. Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña.

c) Língua ou línguas na que deban redactarse: galego ou castelán.

7. a) Persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar de dita apertura. sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza. Pranta baixa da Escola Universitaria de Enfermería (anexa ó hospital Juan Canalejo). Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña. As 10 horas do día 6 de agosto de 1996.

8. Garantías esixidas: provisional do 2% do orzamento de cada lote. Definitiva do 4% do orzamento de cada lote.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias a textos que as regulan: aboamentos en conta mediante transferencias, con periodicidad mensual.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adoptar-la unión das empresas adxudicataria, da contratación: unión temporal das empresas.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para as evolucións das condicións de carácter económico e técnico que deba reunir o proveedor: ver cláusula 7.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mate-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato: prezo (50%), calidade dos productos ofertados (50%).

14. Se é o caso, prohibición das variantes, admítese, ademais da proposta básica, ata unha variante o alternativa.

15. Información complementaria: sección de investimentos do Complexo Hospitalario Juan Canalejo.

16. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Eurpoeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: non se publicou este anuncio.

17. Data de envío do anuncio: o 4 de xuño de 1996.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado a la OPOCE).

A Coruña, 15 de maio de 1996.

Josep Sántacreu Bonjoch

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza

4432