Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 20 de xuño de 1996 Páx. 6.083

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 4 de xuño de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución dictada polo conselleiro no recurso interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra, do 26 de agosto de 1991.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados, cos datos e último domicilio coñecido na resolución do recurso de alzada número 92/2354 interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra, do 26 de agosto de 1991; e da que a súa parte dispositiva di:

Desestima-lo recurso de alzada número 92/2354, interposto por Antonio Rial Valverde contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra, do 26 de agosto de 1991, pola que se denegou a aprobación final do expediente número P-VR-797/89 para a rehabilitación dunha vivenda en Fragoselo, nº 172, Coruxo-Vigo, Pontevedra; a resolución que se confirma.

Contra esta resolución que se transcribe definitiva en vía administrativa cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, significándolle que debe comunicarlle previamente esta consellería a dita interposición conforme o artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

E para que conste e sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o cinco de xuño de mil novecentos noventa e seis.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

9604542