Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 20 de xuño de 1996 Páx. 6.083

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Mellora e reparación de camiños rurais na mancomunidade da Terra Chá (Lugo). Convenio 20-4-1995.

Adxudicatario: Ramón Cortizo Lois.

Orzamento: 37.900.000 ptas.

Proxecto de construcción da estrada Lugo-Friol. LU-232. Treito: Lugo-Friol (2ª Fase). T.M.: Lugo.

Adxudicatario: José Malvar Construcciones, S.A.

Orzamento: 348.952.000 ptas.

Afirmado de apertura de camiños e pistas municipais. T.M.: Salvaterra de Miño.

Adxudicatario: Covsa.

Orzamento: 26.843.000 ptas.

Pavimentación nos núcleos do Cañizo e A Barxa.

Adxudicatario: Construcciones Hermanos Carrajo, S.A.

Orzamento: 21.830.778 ptas.

Limpeza de foxos, reperfilado con mestura asfáltica en quente na estrada AC-122, ramal da N-651 a Mugardos. P.Q. 2,000/7,900. Cabanas-Mugardos.

Adxudicatario: Explotaciones Gallegas, S.L.

Orzamento: 28.642.000 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-ad

ministrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

4578