Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 20 de xuño de 1996 Páx. 6.082

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 1996 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 95/006 de corpos docentes universitarios convocados por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designado o presidente e vocais secretarios por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que ha de resolve-lo concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 95/006, convocada por Resolución do 27 de marzo de 1995 (BOE do 22 de abril), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte á súa publicación.

A Coruña, 5 de xuño de 1996.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

-Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: economía aplicada.

Praza número: 95/006.

Comisión titular:

Presidente: Pedreira Andrade, Luis Pedro, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Rey Míguez, Fernando, profesor titular de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais:

González López-Valcárcel, Beatriz, catedrática de universidade. Universidade das Palmas de Gran Canaria.

Rodríguez Ondarza, José Antonio, profesor titular de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Carballo Cortiña, Roberto, profesor titular de universidade. Universidade Nacional de Educación a Distancia, UNED.

Comisión suplente:

Presidente: Miguel Domínguez, José Carlos de, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario: Faiña Medín, José Andrés, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais:

Rincón Vega, José Manuel, catedrático de universidade. Universidade do País Vasco.

Millet Soler, Montserrat, profesora titular de universidade. Universidade de Barcelona.

Domínguez Martínez, José Manuel, profesor titular de universidade. Universidade de Málaga.

9604579