Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 20 de xuño de 1996 Páx. 6.084

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1996, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza o establecemento da liña eléctrica subterránea, a 132 kV, entre as subestacións de Balaídos e O Castro, dentro do termo municipal de Vigo (Pontevedra) e se aproba o seu proxecto de execución (expediente 95/423 A.T.).

Visto o expediente tramitado por instancia da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na rúa Fernando Macías nº 2 da Coruña, para os efectos de proceder á autorización administrativa e á aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica seguinte:

-Expediente 95/423 A.T. Liña de alta tensión subterránea, a 132 kV, con conductor tipo R.H.V. 132/76 kV, de 3.825 m de lonxitude, con orixe na subestación de Balaídos e final na futura subestación do Castro, dentro do núcleo urbano do concello de Vigo (Pontevera).

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctrica, esta dirección xeral resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 1996.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

9604642