Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 20 de xuño de 1996 Páx. 6.079

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1996 pola que se convocan varios cursos de linguaxe administrativa dentro do programa de formación continua.

Dentro do programa de actividades de formación continua da EGAP para 1996, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, anúncianse os cursos que figuran no anexo I, que deberán desenvolverse conforme ás seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar, cuberta en tódolos epígrafes que lles correspondan, a instancia segundo o modelo anexo. Só se poderá solicitar un curso e nuha soa localidade.

A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso e á imposibilidade de participar en ningún outro curso neste ano.

O prazo de presentación de instancias remata o día 12 de setembro.

A dita documentación dirixirase á EGAP, polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15703 Santiago de Compostela, e presentaranse no rexistro da EGAP ou no das delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Segunda.-Acceso ás actividades.

Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada curso.

A lista dos seleccionados publicarase no taboleiro de anuncios da EGAP e no da delegación provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública que corresponda.

Terceira.-Asistencia, probas e certificacións.

É obrigatoria a asistencia a tódalas sesións dos cursos. Toda inasistencia a clase deberá ser xustificada debidamente polo interesado, sen excede-lo 15% das

horas lectivas programadas para o curso; unha inasistencia superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, impedirá a expedición de ningún tipo de certificación.

Os alumnos asistentes que superen as probas que determine a EGAP, outorgaraselles un certificado de aproveitamento.

Para coñecemento e constancia no seu expediente, o interesado deberá facilitar unha copia ós servicios de persoal do seu centro directivo.

Cuarta.-Modificacións.

A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailos contidos dos cursos anunciados para adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1996.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

CURSO: LINGUAXE ADMINISTRATIVA PARA O PERSOAL DOS GRUPOS A E B (12 CURSOS)

1. Obxectivos: o curso ten por obxectivo a aprendizaxe e perfeccionamento da lingua galega e da linguaxe administrativa especialmente.

2. Destinatarios: o curso vai dirixido ó persoal de administración dos grupos A e B da Xunta de Galicia, Consello Consultivo, Parlamento de Galicia, Valedor do Pobo, Consello de Contas e universidades de Galicia, que estea en posesión do certificado de perfeccionamento da lingua galega. Esta circunstancia deberá acreditarse no momento de solicita-lo curso presentado o orixinal ou copia compulsada deste certificado.

3. Selección: os candidatos deberán superar en primeiro lugar unha proba de nivel de coñecemento de galego e logo serán seleccionados conforme o previsto no apartado C), b) da Resolución do 27 de xuño de 1994 (DOG nº 149, do 3-8-1994). A proba de nivel terá lugar o día 1 de outubro, ás 17 horas, no lugar que se indicará nos taboleiros de anuncios da EGAP e das delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Horarios: de 17 a 20 horas.

4.3. Prazas: 25 por curso.

4.4. Localidades, grupos, datas:

LocalidadesGruposDatas

A CoruñaA,B

A,B

14,15,16,17,21,22,23,24,28,29 de outubro

11,12,13,14,18,19,20,21,25,26 de novembro

LugoA,B

A,B

14,15,16,17,21,22,23,24,28,29 de outubro

11,12,13,14,18,19,20,21,25,26 de novembro

OurenseA,B

A,B

14,15,16,17,21,22,23,24,28,29 de outubro

11,12,13,14,18,19,20,21,25,26 de novembro

PontevedraA,B

A,B

14,15,16,17,21,22,23,24,28,29 de outubro

11,12,13,14,18,19,20,21,25,26 de novembro

LocalidadesGruposDatas

Santiago de

Compostela

A,B

A,B

14,15,16,17,21,22,23,24,28,29 de outubro

11,12,13,14,18,19,20,21,25,26 de novembro

VigoA,B

A,B

14,15,16,17,21,22,23,24,28,29 de outubro

11,12,13,14,18,19,20,21,25,26 de novembro

5. Contido: a linguaxe administrativa. A linguaxe administrativa galega. O estudio de documentos administrativos de certa complexidade.

CURSO: LINGUAXE ADMINISTRATIVA PARA O PERSOAL DOS GRUPOS C, D e E (12 CURSOS)

1. Obxectivos: o curso ten por obxectivo a aprendizaxe e perfeccionamento da lingua galega e especialmente da linguaxe administrativa.

2. Destinatarios: o curso vai dirixido ó persoal de administración dos grupos C, D e E da Xunta de Galicia, Consello Consultivo, Parlamento de Galicia, Valedor do Pobo, Consello de Contas e universidades de Galicia, que estea en posesión do certificado de perfeccionamento da lingua galega. Esta circunstancia deberá acreditarse no momento de solicita-lo curso presentado o orixinal ou copia compulsada deste certificado.

3. Selección: os candidatos deberán superar en primeiro lugar unha proba de nivel de coñecemento de galego e logo serán seleccionados conforme o previsto no apartado C), b) da Resolución do 27 de xuño de 1994 (DOG nº 149, do 3-8-1994). A proba de nivel terá lugar o día 1 de outubro, ás 17 horas, no lugar que se indicará nos taboleiros de anuncios da EGAP e das delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 24 horas.

4.2. Horarios: de 17 a 20 horas.

4.3. Prazas: 30 por curso.

4.4. Localidades, grupos, datas:

LocalidadesGruposDatas

A CoruñaC,D,E14,15,16,17,21,22,23,24 de outubro

11,12,13,14,18,19,20,21, de novembro

LugoC,D,E14,15,16,17,21,22,23,24 de outubro

11,12,13,14,18,19,20,21 de novembro

OurenseC,D,E14,15,16,17,21,22,23,24 de outubro

11,12,13,14,18,19,20,21 de novembro

PontevedraC,D,E14,15,16,17,21,22,23,24 de outubro

11,12,13,14,18,19,20,21 de novembro

Santiago de

Compostela

C,D,E14,15,16,17,21,22,23,24 de outubro

11,12,13,14,18,19,20,21 de novembro

VigoC,D,E14,15,16,17,21,22,23,24 de outubro

11,12,13,14,18,19,20,21 de novembro

5. Contido: introducción á linguaxe administrativa. A linguaxe administrativa galega. O estudio de documentos administrativos sinxelos.

9604594