Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 20 de xuño de 1996 Páx. 6.082

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 1/766/96, interposto polo sindicato nacional de Comisións Obreiras de Galicia.

Foille notificada ó Servicio Galego de Saúde a providencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que se reclama o expediente relativo ó recurso nº 1/766/96, interposto polo sindicato nacional de Comisións Obreiras de Galicia contra a Resolución do 8 de abril de 1996 (DOG nº 74, do 16 de abril), deste centro directivo, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías incluídas na oferta pública de emprego para o ano 1995 do persoal laboral do complexo hospitalario Santa María Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense.

En consecuencia, esta dirección xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do citado expediente administrativo, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer en autos na sección primeira da referida sala no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 1996.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

4728