Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 20 de xuño de 1996 Páx. 6.075

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 1996 pola que se inscribe a Asociación Cultural Bande no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Examinada a solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago, presentada pola Asociación Cultural Bande, con data 20 de maio de 1996.

Visto o Decreto 224/1994, do 2 de xuño, polo que se crea o referido rexistro.

Visto igualmente o informe da Dirección Xeral de Promoción do Camiño de Santiago, emitido de acordo co artigo 3.

Considerando que a solicitude presentada cumpre as normas establecidas no decreto de referencia,

RESOLVO:

Que a Asociación Cultural Bande quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 062.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 1996.

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura

3510