Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 20 de xuño de 1996 Páx. 6.075

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 1996 pola que se inscribe a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Coles no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Examinada a solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago, presentada pola Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Coles, con data 13 de maio de 1996.

Visto o Decreto 224/1994, do 2 de xuño, polo que se crea o referido rexistro.

Visto igualmente o informe da Dirección Xeral de Promoción do Camiño de Santiago, emitido de acordo co artigo 3.

Considerando que a solicitude presentada cumpre as normas establecidas no decreto de referencia,

RESOLVO:

Que a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago en Coles quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 061.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 1996.

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura

9604570