Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 19 de xuño de 1996 Páx. 6.060

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 28 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, sobre urxente ocupación de bens e dereitos para o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 10/1995 A.T.)

Polo Decreto 154/1996, do 17 de abril, da Xunta de Galicia, publicada no DOG nº 91 de data 9 de maio de 1996, concedéronselle a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. os beneficios de expropiación forzosa e a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola execución do proxecto incluído no Plan MEGA que se cita máis adiante, impoñéndose a servidume de paso de enerxía eléctrica co alcance do Art. 4 da Lei 10/1966, do 18 de marzo.

Seguindo os trámites regulamentados no Art. 52 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa, faise saber que transcorridos oito días desde a última das publicacións previdas na consecuencia 2ª do devandito texto legal, e nas datas e horas que constan nas notificacións que se lle practican a cada un dos interesados, o representante da Administración procederá a levantar sobre o terreo as actas previas á ocupación, trámite ó que deberán asisti-los titulares de bens e dereitos afectados, persoalmente ou debidamente representados, podéndose acompañar, se así o consideran conveniente, e pola súa conta, dos seus peritos e un notario.

A declaración concreta e individualizada dos interesados e dos seus bens afectados, na que tamén figuran as datas e horas nas que se levantará a acta previa de cada parcela, exponse nos taboleiros de edictos desta delegación provincial e dos respectivos concellos.

A instalación comprendida no expresado decreto da Xunta de Galicia é a seguinte:

Decreto 154/1996. Liña eléctrica aérea a 20 kV, de 759 m de lonxitude que alimenta ó C.T. de Rairo (Ourense). Expte. nº: 10/1995 A.T.

Ourense, 28 de maio de 1996.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

4478