Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 19 de xuño de 1996 Páx. 6.060

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 23 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude de permiso de investigación que se cita (expediente número 5717).

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo fai saber que Ingemarga, S.A., con enderezo en apartado de correos, nº 3,

27300 Guitiriz (Lugo), presentou nesta delegación provincial o día 15 de xaneiro de 1988 instancia-solicitude do permiso de investigación friol de 289 cuadrículas mineiras para recursos de sección C, que se sitúa nos concellos de Begonte, Friol e Guitiriz, da provincia de Lugo, á que lle correspondeu o número 5717 da provincia de Lugo.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticeLonxitude Latitude

1-7º 44' 20''43º 09' 00''

2-7º 44' 20''43º 03' 20''

3-7º 50' 00''43º 03' 20''

4-7º 50' 00''43º 09' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiro.

O que se fai público, co fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer en forma dentro do prazo de vinte días, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992.

Lugo, 23 de maio de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

4483