Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 19 de xuño de 1996 Páx. 6.060

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/27-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: R.B.T. de Gándara e Liñares.

Situación: O Pino.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de baixa tensión a 380-220 V, sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 1.646 m de lonxitude, en seccións de 95, 50 e 25 e LC-28, con orixe nos CC.TT. denominados Gándara e Pastor e discorrendo polos lugares de Gándara, Liñares e A Igrexa, concello do Pino.

Cumprido-los trámites ordenados no capítulo III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 22 de maio de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4471