Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 19 de xuño de 1996 Páx. 6.059

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/201-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e C.T. en urbanización Mariño.

Situación: Portosín-Porto do Son.

Descricións técnicas: L.M.T. aéreo-subterránea a 15/20 kV, de 28 e 438 m de lonxitude, en conductor LA-56 e R.H.V. de 3 (1x95 mm) Al, que parte da L.M.T. Boa-Cans (expediente 51896) e remata no C.T. tipo caseta que se vai construír en urbanización Mariño, en Portosín, de 400 kVA, concello de Porto do Son.

Cumprido-los trámites ordenados no capítulo III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características

se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 22 de maio de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4363