Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 19 de xuño de 1996 Páx. 6.058

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/211-1).

Vistos o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e C.T. en Paizás.

Situación: Vedra.

Descripcións técnicas: derivada de liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoio de formigón, con conductor LA-56, de 20 m de lonxitude, con orixe na liña Pedreira-Ponte Ulla, C.T. Vaamonde (expediente 8.981) e final no C.T. Paizás que se vai instalar. Centro de transformación aéreo, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Paizás, concello de Vedra.

Cumprido-los trámites ordenados no capítulo III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos con

dicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 20 de maio de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4360