Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 19 de xuño de 1996 Páx. 6.058

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/195-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. Subtr. e C.T. Subtr. r/ Gramela, Esq. Alcalde Lens.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, en dobre circuíto, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV, de 3 (1x240) mm Al, con orixe na liña que alimenta o C.T. Ronda de Nelle (expediente 27090) e final no C.T. que se vai instalar en r/ Gramela, 15. Centro de transformación, tipo interior, de 630 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en r/ Gramela, 15, da Coruña.

Centro de transformación, tipo interior, de 630 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en r/Gramela 15, da Coruña.

Cumprido-los trámites ordenados no capítulo III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 21 de maio de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4355