Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 19 de xuño de 1996 Páx. 6.057

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/207-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. Subtr. e C.T. nº 1 en E. prefabricado, parque empresarial.

Situación: Arzúa.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con con

ductor R.H.V. 12/20 de 3(1x150) mm Al, de 20 m de lonxitude, con orixe na liña Portodemouros, Arzúa (expediente 19659) e final no C.T. que se vai instalar no parque empresarial de Arzúa.

Centro de transformación, tipo caseta prefabricada, de 630 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, no parque empresarial de Arzúa, Arzúa.

Cumprido-los trámites ordenados no capítulo III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 20 de maio de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4361