Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 19 de xuño de 1996 Páx. 6.056

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/58-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Fernando Macías, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: subestación transformadora 66/15 kV, 5 mVA en Teixeiro.

Situación: Curtis.

Características técnicas:

-Anteproxecto de subestación transformadora en Teixeiro a 66/15 kV, coas seguintes características:

-.Dous módulos de liña a 66 kV.

-Un módulo de protección do transformador.

-Un transformador trifásico de 5 mVA e tensións de 66/15 kV.

-Cinco saídas de liña a 15 kV.

Aparellos eléctricos de protección, mando, sinalización e medida.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 7 de maio de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4374