Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 19 de xuño de 1996 Páx. 6.056

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/34-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: cambio de 10/20 kV en Boiro-derivada a C.T. Castelo.

Situación: Boiro e A Pobra do Caramiñal.

Características técnicas:

-Cambio de tensión de 10 a 20 kV na liña Boiro-Derivada a C.T. Castelo en Boiro y A Pobra do Caramiñal, e así mesmo nas liñas que alimentan os CC.TT. de San Mauro, Escarabote, Ribeiriña, Recosta, Baltar e Conservas Escurís.

-Cambio de tensión de 10 a 20 kV nos CC.TT: Espiñeira, Aducil, Boiro da Cima, Ponte Goyanes, Chanquiña, Roroño, San Mauro, Pozo Negro, Grupo Escolar e Escarabote (todos do concello de Boiro), e Casas, Recosta, San Isidro, Santa Cruz de Lestón, Rego e Baltar (concello da Pobra do Caramiñal) e os particulares de formación profesional, Aguas Eoroño, Cartogal, Conservas Escurís, Harinas del

Atlántico, Onza de Oro, Elevadora de Aguas e Maconsa. Boiro e A Pobra do Caramiñal.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 8 de maio de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4375