Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 19 de xuño de 1996 Páx. 6.056

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/55-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. subterránea e C.T. en urbanización Jardín de Nós.

Situación: Oleiros.

Características técnicas:

-Liña eléctrica subterránea de media tensión, en dobre circuíto baixo tubo, con conductor R.H.V. 12/20 kV, de 3(1x240) mm Al, de 790 m de lonxitude, con orixe no C.T. Vilanova e final no C.T. que se vai instalar denominado urbanización Jardín de Nós.

-Centro de transformación, de tipo interior, de 1.000 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, con dúas celas de liña e cela de protección do transformador. Oleiros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 7 de maio de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4357