Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 19 de xuño de 1996 Páx. 6.055

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/54-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. subterránea dobre e C.T. en r/ Ángela B. de Soto.

Situación: A Coruña.

Características técnicas:

-Liña eléctrica subterránea, en dobre circuíto, de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V., 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 200 m de lonxitude, con orixe na liña denominada Antonio Ríos II (expediente 26835) e final no C.T. que se vai instalar denominado Ángela B. de Soto.

-Centro de transformación de tipo interior, de 1.000 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, denominado Ángela B. de Soto. A Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 7 de maio de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4356