Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 19 de xuño de 1996 Páx. 6.055

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 52424).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Electrica Fuciños Rivas, S.L., co enderezo en Ronda de La Coruña, 36. Melide, para a autorización administrativa da instalación que segue:

-Derivación liña aérea de media tensión a 15/20 kV, en conductor LA-30, de 30 m de lonxitude a

centro de transformación denominado Instituto, de 100 kVA de potencia.

-Rede de baixa tensión a 380/220 V sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 95, 50 e 25 mm de sección e 1.425 m de lonxitude. Concello de Melide.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 2 de maio de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4354