Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 19 de xuño de 1996 Páx. 6.054

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Asistencia técnica para o control e vixilancia da obra de acondicionamento da LU-122. Treito: Paraxes-Bretoña.

Adxudicatario: Enmacosa.

Orzamento: 11.100.625 ptas.

Asistencia técnica para o control e vixilancia da obra de acondicionamento da AC-441. Treito: Berdoias-Baíñas.

Adxudicatario: G.O.C., S.A.

Orzamento: 11.179.915 ptas.

Asistencia técnica ás expropiacións das obras de acondicionamento da C-531. Treito: Celanova-Cortegada (fase I).

Adxudicatario: Topogal, S.L.

Orzamento: 3.589.040 ptas.

Asistencia técnica redacción do proxecto de acondicionamento da LU-111. Treito: Rábade-Cospeito.

Adxudicatario: Norcontrol, S.A.

Orzamento: 9.999.617 ptas.

Asistencia técnica voo, apoio de campo e restitución analítica do novo trazado da autoestrada Santiago de Compostela-Ourense. Treito: Santiago-límite Ourense.

Adxudicatario: Geotop, S.A.

Orzamento: 11.450.000 ptas.

Asistencia técnica voo, apoio de campo e restitución analítica do novo trazado da autoestrada Santiago de Compostela-Ourense. Treito: límite Pontevedra-Ourense.

Adxudicatario: Topgalicia, S.L.

Orzamento: 6.416.100 ptas.

Asistencia técnica para a edición da memoria de tráfico da rede de estacións de aforo de vehículos da Xunta de Galicia.

Adxudicatario: Noroeste de Artes Gráficas, S.L.

Orzamento: 7.164.276 ptas.

Asistencia técnica desvío de servicios afectados con motivo das obras «Alargamento e mellora das estradas existentes no ámbito autonómico e pertencentes á Xunta de Galicia».

Adxudicatario: Comercial Palmeiro, S.A.

Orzamento: 9.000.000 de ptas.

Asistencia técnica ás expropiacións da obra de alargamento e mellora da estrada OU-122. Treito: Sobradelo-Casaio.

Adxudicatario: Ingeniería del Noroeste, S.L.

Orzamento: 4.037.670 ptas.

Asistencia técnica ás expropiacións da obra de acondicionamento da estrada C-550. Treito: Cee-Fisterra.

Adxudicatario: Estudio Técnico Gallego, S.A.

Orzamento: 5.194.445 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públoicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 1996.

P.D. (Orde do 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

96-3965