Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 18 de xuño de 1996 Páx. 6.016

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se fai pública a adxudicación do contrato da subministración dunha fotocopiadora para a Área de Servicios Sociais de Lugo.

En cumprimento do establecido polo artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, esta delegación provincial acordou darlle publicidade á adxudicación do contrato de subministración dunha fotocopiadora para a área de servicios sociais, para o que se anunciara a súa licitación por Resolución do 5 de marzo de 1996 (DOG nº 61, do 26 de marzo).

Empresa: ACSA Galicia, S.A.

Orzamento de adxudicación: 2.400.000 ptas.

Lugo, 13 de maio de 1996.

Luis Abades Álvarez

Delegado provincial de Lugo

4442