Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 18 de xuño de 1996 Páx. 6.016

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 14 de maio de 1996 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón denominada Anvi número 2, a favor de Francisco Vidal Viturro.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara;tendo en conta o previsto no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio de 1993), e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe do Servicio Xurídico de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Anvi nº 2.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal D, cuadrícula nº 40.

Data da concesión: 11-3-1964.

Data do remate da última prórroga: 15-4-2004.

Anteriores concesionarios: Francisco Vidal Muñiz e Josefa Viturro Muñiz.

Novo titular da concesión e batea: Francisco Vidal Viturro.

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumplimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 14 de maio de 1996.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

4443