Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 18 de xuño de 1996 Páx. 6.015

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 1996 pola que se anuncia polo sistema de concurso aberto, trámite de urxencia, a contratación de traballos de restauración do retábulo da Batalla de Lepanto ou da Virxe do Rosario-igrexa de San Domingos de Tui (Pontevedra); traballos de restauración do retábulo maior da igrexa do pazo de Sta. Cruz de Ribadulla-Vedra (A Coruña); traballos de restauración do calvario gótico da catedral de Santiago de Compostela, e obra de rehabilitación da igrexa de Sta. María de Montederramo-fase I (Ourense).

Esta Consellería de Cultura, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, as contratacións que se citan:

-Asistencia técnica de traballos de restauración do retábulo da Batalla de Lepanto ou da Virxe do Rosario-igrexa de San Domingos de Tui (Pontevedra).

Orzamento de licitación: 4.000.000 de ptas. (catro millóns de pesetas), IVE incluído.

Prazo de execución: seis (6) meses.

-Asistencia técnica de traballos de restauración do retábulo maior da igrexa do pazo de Sta. Cruz de Ribadulla-Vedra (A Coruña).

Orzamento de licitación: 3.000.000 de ptas. (tres millóns de pesetas), IVE incluído.

Prazo de execución: seis (6) meses.

-Asistencia técnica de traballos de restauración do calvario gótico da catedral de Santiago de Compostela.

Orzamento de licitación: 3.000.000 de ptas. (tres millóns de pesetas), IVE incluído.

Prazo de execución: seis (6) meses.

-Obra de rehabilitación da igrexa de Sta. María de Montederramo-fase I (Ourense).

Orzamento de licitación: 164.991.381 ptas. (cento sesenta e catro millóns novecentas noventa e unha mil trescentas oitenta e unha pesetas), IVE incluído.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoría E.

Nos devanditos traballos non se esixe fianza provisional.

Exposición dos proxectos e dos pregos: os proxectos técnicos, os pregos de características técnicas e os pregos de cláusulas administrativas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación

da Consellería de Cultura, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono (981) 58 89 38.

Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicióins se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Os licitadores que opten a máis dunha contratación deberán presentar toda a documentación para cada unha delas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso correrá por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 1996.

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral da Consellería de Cultura

4236