Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 18 de xuño de 1996 Páx. 6.014

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público aberto, da subministración consistente na adquisición de vehículos do grupo D para a Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural, e a Subdirección Xeral de Sanidade e Producción Animal (XSUM-19).

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso público aberto:

Obxecto: subministración consistente na adquisición de vehículos do grupo D para a Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural, e a Subdirección Xeral de Sanidade e Producción

Animal (XSUM-19), de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso.

Orzamento de licitación: vinteseis millóns cento oitenta mil pesetas (26.180.000 ptas.).

Lote A: seis (6) vehículos: 10.200.000 ptas. (9.000.000 de ptas. en metálico e 1.200.000 ptas. en bens taxados).

Lote B: catorce (14) vehículos: 15.980.000 ptas. (15.000.000 de ptas. en metálico e 980.000 ptas. en bens taxados).

A forma de licitación será por lotes.

Fianza provisional:

Lote A: duascentas catro mil pesetas (204.000 ptas.).

Lote B: trescentas dezanove mil seiscentas pesetas (319.600 ptas.).

Fianza definitiva:

Lote A: catrocentas oito mil pesetas (408.000 ptas.).

Lote B: seiscentas trinta e nove mil duascentas pesetas (639.200 ptas.).

Exposición do proxecto e pregos: o prego de cláusulas administrativas particulares, así como o de prescricións técnicas estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de ofertas, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural, e na Subdirección Xeral de Sanidade e Producción Animal da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (edificio administrativo, s/n, San Caetano, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de claúsulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as ofertas deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 15 de xullo de 1996.

A apertura de proposicións terá lugar o día 19 de xullo de 1996, ás 13 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

9604627