Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 18 de xuño de 1996 Páx. 6.014

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público aberto e polo trámite de urxencia, da asistencia técnica consistente na contratación de avións de carga con destino á extinción de incendios forestais durante o ano 1996 (0621).

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso público aberto e polo trámite de urxencia:

Obxecto: contratación de avións de carga con destino á extinción de incendios forestais durante o ano 1996 (0621), de acordo cos proxectos e pregos aprobados para esta.

Orzamento de licitación: trinta e dous millóns de pesetas (32.000.000 de ptas.).

Fianza provisional: seiscentas corenta mil pesetas (640.000 ptas.).

Fianza definitiva: un millón duascentas oitenta mil pesetas (1.280.000 ptas.).

Clasificación: grupo III, subgrupo 9, categoría D.

Prazo de execución: do 1 de xullo ó 30 de setembro de 1996.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto, así como o prego de cláusulas administrativas particulares estarán a disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Montes e de Medio Ambiente Natural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 1 de xullo de 1996.

A apertura de proposicións terá lugar o día 4 de xullo de 1996, ás 13 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 1996.

P.D. (Orde 13-12-93, DOG nº 239, 14-12-93)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

4623