Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 18 de xuño de 1996 Páx. 6.014

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/52-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Ingeniería, Energías Especiales.

Enderezo social: María Luisa Durán Marquina, 20, 15000 A Coruña.

Denominación: L.A.T. 66 kV de Subst. Boiro a Subst. Bodión.

Situación: Boiro.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de alta tensión, a 66 kV, sobre apoios metálicos e con conductor LA-180, de 2.695 m de lonxitude, con orixe na subestación da planta de coxeración en punta do Bodión e final na subestación de Boiro de Unión Fenosa, S.A. Boiro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 7 de maio de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4622