Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 18 de xuño de 1996 Páx. 6.013

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de abril 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/72-2. Libro de rexistro: 4.542 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización da instalacion eléctrica que se describe:

Solicitante: Concello de Castro de Rei.

Enderezo social: Castro de Rei, 27000 Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T. para depuradora de augas residuais.

Situación: Ribeiras de Lea-Castro de Rei.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 cunha lonxitude de 886 metros, sobre apoios metálicos. Centro de transformación de 100 kVA 20.000/380-220 V, sobre apoio metálico, para depuradora de augas residuais en Ribeiras de Lea, no concello de Castro de Rei.

Orzamento: 3.223.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 26 de abril de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9604334