Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 18 de xuño de 1996 Páx. 6.013

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 1996 pola que se convoca a contratación da subministración de uniformes de inverno e verán para conductores e ordenanzas da Consellería da Presidencia e Administración Pública, polo sistema de concurso por procedemento aberto, con trámite de urxencia.

1. Obxecto: contratación da subministración de uniformes de inverno e verán para conductores e subalternos pertecentes á Consellería da Presidencia e Administración Pública.

2. Orzamento: 9.672.175 ptas.

3. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá solicitarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta, en Santiago de Compostela.

4. Fianza provisional: 193.443 ptas.

5. Fianza definitva: 386.886 ptas.

6. Modelo de proposición: o que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na

planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás 14 horas do día 1 de xullo de 1996.

8. Apertura de proposicións: en acto público, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), ás 10 horas do día 2 de xullo de 1996.

O importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario, que o deberá de aboar con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

9604292