Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 18 de xuño de 1996 Páx. 5.981

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa La Lactaria Española, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa La Lactaria Española, S.A. (código 2700582), da provincia de Lugo, asinado o día 15 de febreiro de 1996, pola representación da mentada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90, apartado 2 e 3, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mencionado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 26 de febreiro de 1996.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

La Lactaria Española, S.A.

Convenio colectivo de ámbito empresarial

ano 1995 e 1996

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio ten carácter empresarial e afecta ós distintos centros de traballo que, rexéndose pola lexislación laboral vixente, ten La Lactaria Española, S.A., en Lugo.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Comprende a todo o persoal de cadro nas súas distintas categorías profesionais, excepto os cargos directivos de director xeral, xerente, directores de departamento e directores de planta.

Artigo 3º.-Duración.

Estipúlase un prazo de duración de dous anos, ou sexa, ata o 31 de decembro de 1996, pactándose

de común acordo que, con antelación de tres meses á data de expiración, se considera automaticamente denunciado.

Artigo 4º.-Vixencia.

O presente convenio entrará en vigor o día primeiro de xaneiro de 1995, calquera que sexa o día da súa sinatura.

Artigo 5º.-Incrementos pactados no convenio.

O presente convenio ten pactadas unhas melloras económicas e sociais do 4% porcentual que se aplicarán con carácter retroactivo desde o día 1 de agosto de 1995, independentemente da data en que se produza a sinatura do convenio colectivo, sobre os seguintes conceptos salariais:

-Salario base

-Antigüidade

-Plus convenio

-Complemento persoal resultante da suma de:

Complemento plus convenio

Complemento posto

Complemento cambio horario

-Axuda escolar

-Quebranto moeda

-Plus domingos e festivos

-Complemento nocturnidade

-Prima festivos

-Plus sábados

-Complemento festivos

-Complemento sábados

No caso do que o índice de prezos ó consumo (IPC), establecido polo I.N.E., rexistrara a 31 de decembro de 1996 un incremento superior ó 4%, respecto á cifra resultante do dito IPC ó 31 de decembro de 1995, efectuarase unha revisión salarial que consistirá exclusivamente nunha actualización dos conceptos enumerados anteriormente a partir da nómina de xaneiro de 1997, inclusive sobre a porcentaxe que supere o 4% pactado de incremento salarial.

Artigo 6º.-Facultade de compensación.

Tódalas condicións superiores ás mínimas legais ou regulamentarias de carácter individual ou colectivo, calquera que fora a súa orixe, que estean vixentes na empresa na data de iniciarse a aplicación do presente convenio, poderán ser compensadas coas melloras que nel se establecen.

Artigo 7º.-Facultade de absorción.

As melloras económicas e de traballo que se implantan en virtude do presente convenio serán absorbibles, ata onde alcance, cos aumentos ou melloras que poidan establecerse mediante dispo

sicións legais ou regulamentarias ou pactos de carácter xeral.

Capítulo II

Clasificación profesional e réxime retributivo

Artigo 8º.-Clasificación profesional.

Co obxecto de adecua-la clasificación profesional do persoal da empresa á que afecta o presente convenio, establécese a clasificación por grupos profesionais, segundo a táboa correspondente. As categorías profesionais consignadas son puramente enunciativas e non obrigan a ter cubertas tódalas categorías enumeradas se a necesidade non o require.

Artigo 9º.-Estructura salarial.

Está constituída polos seguintes conceptos:

a) Salario base.

b) Antigüidade.

c) Plus convenio.

d) Complemento persoal.

Artigo 10º.-Salario base.

Establécese un salario base por categorías, cos importes que se indican no anexo I.

Artigo 11º.-Plus convenio.

Establécese un plus convenio por categorías, cos importes que se indican no anexo II.

Artigo 12º.-Complemento persoal.

Establécese un complemento persoal, cos importes que figuran en cadro á parte.

Artigo 13º.-Gratificacións extraordinarias.

Percibiranse tres gratificacións extraordinarias anuais, as cales se farán efectivas os meses de marzo, xullo e decembro, consistentes cada unha en trinta días de salario base (táboa correspondente anexo I), co complemento de antigüidade que cada traballador posúa.

Artigo 14º.-Antigüidade.

Establécese un complemento salarial de carácter persoal consistente en trienios, do valor que se fixa para cada categoría profesional na táboa correspondente.

Artigo 15º.-Quebranto de moeda.

O caixeiro e o auxiliar de caixa percibirán mensualmente, en concepto de quebranto de moeda, a cantidade de 2.517 pesetas, a partir do 1 de agosto de 1995.

Artigo 16º.-A empresa complementará para os tres primeiros días de cada baixa de enfermidade o importe ata o 75% do salario correspondente ós ditos días.

As baixas no traballo por incapacidade laboral transitoria causadas por enfermidade común ou

accidente non laboral serán complementadas a cargo da empresa ata alcanza-lo 100% do salario real de:

-Salario base

-Antigüidade

-Plus convenio

-Complemento persoal (nos casos en que proceda)

Devengados no mesmo mes a que corresponda o pagamento.

A dita prestación causarase con suxeición ás seguintes regras:

1ª.-Percibirase unha vez confirmada a baixa e alta nos modelos oficiais estendidos pola asistencia médica da Seguridade Social, ata o paso a longa enfermidade ou invalidez provisional e depender do INSS.

2ª.-A empresa aboaralles ós operarios incluídos no ámbito de aplicación deste convenio desde o día décimo oitavo de baixa o mencionado complemento e ata o paso a longa enfermidade ou invalidez provisional e depender do INSS.

A partir do 1 de febreiro de 1996 os 18 días pasan a 15 días sempre que o índice de absentismo por enfermidade da planta non supere o 3% no mes anterior.

3ª.-En caso de hospitalización ou accidente laboral este complemento percibirase desde o primeiro día da baixa.

4ª.-Os traballadores que estivesen durante o transcurso do ano en situación de incapacidade laboral transitoria percibirán a parte proporcional das pagas extras que lles correspondan.

Capítulo III

Xornada. Horas extras. Vacacións. Excedencias

Artigo 17º.-Xornada.

A duración da semana ordinaria de traballo será de 40 horas.

Na xornada continuada acórdase efectuar un descanso intermedio de 20 minutos que se aboará como tempo traballado, pero que en ningún caso se sumará para o cómputo de horas extraordinarias para os efectos dos límites máximos legais.

O momento de desfruta-lo descanso intermedio referido sinalarano os encargados ou xefes de departamento de acordo coas necesidades do servicio, debendo iniciarse dentro do tercio central da xornada.

Artigo 18º.-Quendas.

A quenda de noite realizarase sempre que a dirección da empresa, por razóns de producción ou forza maior, o estime necesario e logo de acordo co Comité de Empresa, indicando as razóns para a súa realización, seccións afectadas e tempo de implantación.

Sempre que a quenda de noite se prorrogue por máis dunha semana esa quenda será rotativa e ningún operario estará máis de dúas semanas consecutivas, salvo adscrición voluntaria. O traballador que estea en quenda de noite, cando esta sexa suprimida incorporarase á súa quenda habitutal ó día seguinte, computando 40 horas semanais.

Establécese como quenda de noite as horas traballadas entre as 10 da noite e as 6 da mañá.

O disposto neste artigo enténdese sen prexuízo dos acordos existentes (de data 23 de novembro de 1993), ou que se poidan establecer en materia de cadro horario e quenda de traballo.

Artigo 18º bis.

Nos casos en que dentro dunha mesma semana coincidan dous días santos consecutivos ou santo o venres (sen que un deles coincida en sábado), traballarase as quendas que propoña a empresa nun dos dous días; sempre e cando a empresa non teña capacidade de recepción de recollida propia e terceiros habituais nese momento. O dito día designarase de acordo co Comité de Empresa.

Para os efectos deste artigo terán a consideración de días santos, ademais dos domingos, os días que sexan decretados como tales para cada localidade polo Estado ou a Comunidade Autónoma.

Nos restantes casos de días santos, o Comité de Empresa prestará a súa colaboración para consegui-la boa marcha da producción.

Artigo 19º.-Quendas en sábados, domingos e días santos.

Terán un complemento económico de 460 ptas./hora, a partir do 1 de agosto de 1995, dentro da súa xornada habitual, mailo descanso compensatorio na semana seguinte. En caso de prolongación de xornada ou por imposibilidade de descansalas, computaranse como horas extraordinarias.

Así mesmo, terá un complemento de 460 ptas./hora durante a quenda de noite, a partir do 1 de agosto de 1995.

Artigo 19º bis.-Complemento sábados.

Aboaráselle unha prima ó persoal que traballe os sábados en horario de 10 a 18 horas (e mantemento de 9 a 17 horas), con independencia do descanso compensatorio. O seu importe será de 1.722 ptas. por día traballado, a partir do 1 de agosto de 1995

Artigo 20º.-Horas extras.

Con obxecto de fomentar unha política social para a creación de emprego, acórdase a supresión das horas extraordinarias habituais.

Establécese a posibilidade de realizar horas extraordinarias estructurais, para atender necesidadees urxentes ou imprevistas de producción ou mantemento.

Semanalmente informarase o Comité de Empresa sobre as horas extraordinarias realizadas na semana anterior.

As horas extraordinarias que propoña a empresa serán de libre aceptación polos traballadores, salvo nos casos de forza maior.

O traballador poderá optar entre cobra-las horas extraordinarias ou compensalas por tiempo de descanso a razón de 1,75 por hora extraordinaria. A prolongación de xornada será computada como hora extraordinaria.

As horas extraordinarias aboaranse calculadas co 75% de incremento sobre o «salario hora individual» (SHI) que se determinará conforme a seguinte fórmula:

SHI= (S.B. + Antigüedade)/1.793

O salario base e a antigüidade calcularanse en valores anuais.

Artigo 21º.-Complemento días santos.

Aboarase unha prima de domingos e días santos, cando a maior parte da xornada se desenvolva entre as seis horas do domingo e día santo e as seis horas do día seguinte, con independencia do descanso compensatorio correspondente. O seu importe será de 2.527 ptas. por día traballado, a partir do 1 de agosto de 1995.

Artigo 21º bis.-Prima días santos.

Aboaráselle unha prima ó persoal que traballe domingos e días santos en horario de 10 a 18 horas, con independencia do descanso compensatorio correspondente. O seu importe será de 6.110 ptas. por día traballado, a partir do 1 de agosto de 1995.

Artigo 22º.-Vacacións.

Todo o persoal da empresa, sen distinción de categoría profesional, desfrutará de 30 días laborables de vacacións, considerándose os sábados como días laborables e sen que se compute como tales os días santos intersemanais.

As vacacións desfrutaranse nun só período continuado; non obstante, poderase pacta-lo desfrute das vacacións en dous períodos, quedando a discreción da dirección o atender peticións para distribuílas en fraccións inferiores a dúas semanas.

Considerarase como período para o desfrute das vacacións os doce meses do ano, confeccionándose os correspondentes calendarios, e terá carácter rotatorio, co fin de que cada traballador, de ano en ano, poida desfrutalas correlativamente nas quendas que se establezan.

Durante os días de vacacións percibirase:

a) Salario base.

b) Antigüidade

c) Plus convenio

d) Complemento persoal (nos casos en que proceda)

Aqueles traballadores ós que o período de vacacións non lles coincida coas datas de 1 de xuño a 30 de setembro, 21 a 31 de decembro e 1 a 6 de xaneiro, en todos eles ambos inclusive, así como a Semana Santa e a seguinte posterior, o importe do plus convenio que lles corresponda incrementarase nun 40% máis, durante os días de vacacións que non coincidan coas citadas datas.

Artigo 23º.-Permisos regulamentarios.

O traballador, con previo aviso e xustificación en legal forma, terá dereito a licencia, con remuneración salarial, por algún dos motivos e coa duración máxima seguinte:

a) Por contraer matrimonio: 15 días naturais.

b) Por nacemento de fillos: 3 días laborables

c) Por falecemiento ou enfermidade moi grave de parente ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade: 3 días naturais. Se o feito ten lugar en distinta provincia á residencia do traballador, a licencia ampliarase a 5 días naturais.

Este apartado tamén será aplicado ás persoas que convivan co traballador como parella estable nun tempo non inferior a dous anos e sempre que previamente llo comunicase á empresa.

d) Por traslado de domicilio habitual: 1 día natural

e) Por necesidade de atender persoalmente asuntos propios de xustificada urxencia: 3 días naturais.

f) Polo tempo indispensable que precise o traballador para cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando este se determine nunha norma legal, aplicarase o que esta dispoña en canto á duración da ausencia e a súa compensación económica.

g) Exames.-Polo tempo estrictamente indispensable cando curse estudios e deba someterse a exames, xustificándoo previamente por escrito ante a empresa.

h) Falecemento de cónxuxe: 5 días naturais.

Artigo 24º.-Excedencias.

Nesta materia será de aplicación todo o disposto no artigo 46 do Estatuto dos traballadores e na Lei orgánica de liberdade sindical no seu artigo 9.b.

A excedencia por maternidade, de 1 a 3 anos, dará dereito a reserva do posto de traballo.

Artigo 25º.-Vivendas.

a) Co obxecto de axuda-los seus traballadores para a adquisición de vivenda en propiedade, a empresa ten asignado un fondo económico de: dous millóns duascentas cincuenta mil pesetas, para a prestación de anticipos persoais en contías de seiscentas mil pesetas por traballador, sen percepción de xuros e con devolucións mensuais e consecutivas equivalentes ó dez por cento do importe neto percibido

por tódolos conceptos, tomando como base a medida dos seis meses anteriores á data de concesión e engadindo, se é o caso, os descontos aplicados por anticipos persoais, faltas inxustificadas, suspensión de emprego e soldo ou falta de liquidación. En todo caso, os préstamos de vivenda deberán ser cancelados no prazo máximo de corenta e seis meses.

b) Sempre que haxa unha cantidade superior a 1.000.000 de ptas., poderanse conceder axudas de ata cincocentas mil pesetas para amaño de vivendas que se devolverán en dezaoito meses.

Artigo 26º.-Axudas a diminuídos.

Como prestación complementaria da Seguridade Social, a empresa aboaralles unha axuda de 8.320 ptas. mensuais ós traballadores, a partir do 1 de agosto de 1995, por cada fillo ó seu cargo que sexa diminuído físico, psíquico ou sensorial. A cualificación de tales incapacidades será automática nos casos en que así fosen recoñecidos pola Seguridade Social e noutro suposto deberá acreditarse suficientemente mediante as oportunas certificacións ou recoñecementos médicos.

Artigo 27º.-Seguro de vida colectivo.

Co fin de beneficiar a tódolos seus productores cunha medida de previsión a favor dos familiares a cargo daqueles, a empresa ten concertado un seguro de vida colectivo, no que quedan obrigatoriamente integrados tódolos seus productores. Este seguro rexerase polas seguintes normas:

a) Os productores de novo ingreso causarán alta como asegurados o mesmo día da incorporación á empresa, con carácter fixo de cadro de persoal.

b) Quedan exceptuados da súa integración no seguro os traballadores que expresamente sexan contratados con carácter de eventuais, temporeiros ou interinos.

c) Os productores que se incorporen ó servicio militar causarán baixa no seguro transitoriamente ata tanto non se produza a súa reincorporación á empresa unha vez licenciados, momento no que automaticamente volverán a atoparse en activo como asegurados.

d) Non existirá previo recoñecemento médico, ni haberá limitacións de idade.

e) En caso de invalidez permanente en grao de absoluta por accidente ou enfermidade ou falecemento por calquera causa, os afectados poderán cobra-lo capital asegurado.

f) En caso de morte por accidente, pagaráselle ó beneficiario o dobre do capital asegurado.

g) En caso de morte por accidente de circulación, pagaráselle ó beneficiario o triple do capital asegurado.

h) O capital asegurado para todo o persoal fixo ascende a 1.250.000 ptas.

i) Causarase baixa ó producirse o cesamento definitivo na empresa.

Artigo 28º.-Axuda escolar.

Establécese unha axuda para a formación escolar dos fillos dos traballadores en idades comprendidas entre os 3 e os 17 anos, ambas incluídas, con excepción dos que estean traballando.

Por conseguinte, será indispensable, para os que teñan 16 e 17 anos, acreditar documentalmente que se encontran matriculados nun centro escolar.

A súa cuantía será de 1.669 pesetas mensuais por fillo, a partir do 1 de agosto de 1995, durante os meses de setembro a xuño, ambos inclusive.

Capítulo IV

Formación profesional. Promoción

Artigo 29º.-Formación profesional.

A dirección da empresa establecerá un plan de formación, co obxectivo de proporcionarlle ó persoal, en tódolos seus niveis e na medida do posible, de forma paulatina, os coñecementos adecuados para a realización das súas funcións e o seu desenvolvemento profesional.

Decididos os plans de formación e previamente á súa implantación, solicitarase dos correspondentes comités de empresa o informe que se determine no artigo 64.1.3.c. do Estatuto dos traballadores.

Para o persoal da empresa que realice cursos non incluídos nos plans de formación, en centros oficiais, para a obtención de coñecementos profesionais que garden relación directa coas actividades da empresa e teñan unha aplicación efectiva, a medio ou longo prazo, nela, establécese unha axuda económica consistente no pagamento do 50% de gastos de matrícula e textos, debidamente xustificados. En caso de repetición de curso ou materia, esta axuda será do 25% do curso ou materia repetidos.

Esta axuda solicitarase a través dos seus xefes de departamento, achegando a xustificación de formalización de matrícula do centro de que se trate.

Artigo 30º.-Promocións.

Establécense dous tipos de promocións:

a) Por libre designación.

b) Por concurso-oposición.

a) Libre designación.-Defínese como libre designación o acceso a postos que, en razón das súas funcións e responsabilidades, son cubertos por decisión da empresa e que corresponden ós postos e categorías profesionais seguintes:

-Persoal directivo.

-Técnico superior.

-Técnico medio.

-Xefe de fabricación, xefes e promotores de vendas.

-Xefe de sección, xefe administrativo de 1ª e 2ª.

-Encargado, capataz, caixeiro, cobrador, secretarias de dirección.

Excepto para o persoal directivo, as convocatorias a estes postos faranse públicas, a fin de que o persoal do cadro poida acceder á selección.

b) Por concurso-oposición.-Defínese promoción por concurso-oposición o acceso ás categorías laborais non incluídas no apartado anterior, coa excepción do cambio de peón a peón especializado.

O cambio de peón a peón especializado será automático, sempre que a persoa proposta teña unha antigüidade mínima de dous anos na categoría de peón.

Para a realización destas promocións, créase un tribunal cualificador composto por cinco membros: dous membros designados polo comité de Empresa, dous membros da dirección, dos cales un deles será o director de persoal ou persoa en quen delegue, que actuará como presidente do tribunal, e un quinto membro, que será elixido polo comité, dentro dunha terna proposta pola dirección da empresa.

Para cubrir unha vacante ou posto de nova creación, nestas categorías, a empresa comunicaralle ó comité de Empresa a existencia de tal vacante ou posto de nova creación. A continuación, no prazo de 5 días hábiles, o tribunal cualificador decidirá e publicará os requisitos ou probas de exame a realizar, e non poderá realizarse este nun tempo inferior a 15 días nin superior a 30 días. A estas convocatorias poderá concorrer calquera persoa do cadro de persoal, formulando a oportuna solicitude dentro do prazo que se sinale.

Se a convocatoria quedase deserta por falta de candidatos internos ou por non poder alcanzar estes a puntuación mínima requirida, a empresa poderá cubri-la dita vacante por libre designación dentro do cadro de persoal, ou mediante nova convocatoria á que pode optar persoal alleo á empresa.

O tribunal cualificador deberá establece-las cualificacións definitivas e publicalas nun prazo máximo de 8 días, a partir da data de terminación das probas.

O tribunal cualificador terá facultades para, unha vez anunciada a vacante ou posto de nova creación, decidir sobre a necesidade de realizar probas de aptitude ou, en caso negativo, establecer directamente a orde de prioridade.

Acceso á categoría.-Para a realización efectiva do cambio de categoría, establécense os seguintes períodos de proba:

-6 meses para postos de libre designación.

-3 meses para postos de persoal cualificado.

-15 días para posto de persoal non cualificado.

Durante o período de proba, o traballador percibirá o salario correspondente á nova categoría,

pero non se efectuará o cambio efectivo dela. Se transcorrido o dito período os informes non fosen positivos, remitiránselle ó tribunal cualificador, quen valorará, se é o caso, o retorno ou non á categoría anterior.

Capítulo V

Representacion dos traballadores

Artigo 31º.-Comité de Empresa e delegados de persoal.

Nesta materia aplicarase en todo o disposto no título segundo do Estatuto dos traballadores.

A empresa pagará as viaxes e as axudas de custo, na forma que ten establecida, cando algún membro do Comité e delegados sindicais, en representación deste, teñan que desprazarse do seu lugar habitual de residencia, para asistir a reunións, sobre temas relacionados coa propia empresa e convocadas polos sindicatos representativos, a nivel estatal, dirección da empresa ou administración.

Acórdase a posibilidade de acumula-lo crédito de horas mensuais que concede o artigo 68. e) do Estatuto dos traballadores ós representantes legais destes, podéndose ceder entre representantes dunha mesma planta e que se presentaron a eleccións counhas mesmas siglas ou candidaturas.

Para iso, os cedentes comunicaranlle á dirección de cada centro o nome do representante ou representantes ós que lles ceden as súas horas no mes seguinte e vindeiros. Esta cesión será de carácter permanente ata que o propio cedente a revogue ou a modifique, mediante comunicación dirixida á dirección do seu centro, con cinco días de antelación mínima respecto da data dos seus efectos.

O Comité de Empresa poderá solicitar para temas concretos e específicos en que precise asesoramento técnico dunha central sindical, que representantes dela poidan acceder ós locais e dependencias do dito centro. Isto realizarase sen entorpecemento da producción, responsabilizándose da obrigada reserva e sixilo profesional por parte da central sindical.

Artigo 32º.-Seccións sindicais.

O funcionamento das seccións sindicais no ámbito da empresa axustarase ó disposto no artigo 10 da Lei 11/1985, do 2 de agosto, Lei orgánica de liberdade sindical. Recoñécese o delegado sindical nos centros de traballo a partir de 100 traballadores.

Son dereitos dos indicados delegados sindicais os seguintes:

a) Asistir ás reunións de Comité de Empresa e ás asembleas dos traballadores.

b) Dereito de publicación e información, nos espacios dedicados para iso, dos asuntos propios do sindicato ou central sindical.

c) Dereito á libre promoción da afiliación e recollida de cotas dos seus afiliados, mediante a retención destas pola propia empresa, co requisito previo

de que o solicite así por escrito cada afiliado; a deducción, en todo caso, efectuarase mentres non exista comunicación escrita en contrario do afiliado e/ou do sindicato.

d) Dereito a ser informado previamente sobre as reestructuracións do cadro de persoal, peche da empresa ou suspensións temporais de contratos, reduccións de xornadas, traslados de instalacións da empresa e, en xeral, sobre todo proxecto ou acción empresarial que poida afectar substancialmente os intereses dos traballadores. Igualmente, deberá ser informado sobre a implantación ou revisión de sistemas de organización de traballo e calquera das súas posibles consecuencias.

e) En caso de non coincidi-la súa condición coa de membro do Comité de Empresa, disporá dun crédito de horas mensuais retribuídas para o exercicio das súas funcións, igual ó asignado a cada un dos membros do Comité.

Por cesión doutros membros do Comité de Empresa, afiliados a unha mesma central sindical na planta a que pertence, poderá acumular ó seu favor o crédito de horas mensuais que tivesen asignadas aqueles coa mesma facultade ca estes respecto á acumulación de horas.

Gozará de idénticas garantías sindicais cás asignadas pola lei ós membros do Comité de Empresa.

Artigo 33º.-Cota sindical.

A requirimento dos traballadores afiliados a un sindicato debidamente implantado, a empresa descontará na nómina mensual dos traballadores o importe da cota sindical correspondente para tal mester; o traballador dirixirá á dirección da empresa un escrito no que expresará con claridade a orde de desconto, o sindicato a que pertence, a contía da cota, así como o número da conta ou libreta de aforros á que debe ser transferida.

Capitulo VI

Normas supletorias

Artigo 34º.-Comisión paritaria.

Co alcance e funcións previstas no artigo 85.2º.d. do Estatuto dos traballadores, desígnase a comisión paritaria, composta por 6 membros titulares e otros 6 suplentes, 3 titulares e 3 suplentes por designación da empresa, e 3 titulares e 3 suplentes por decisión dos traballadores.

Artigo 35º

Para todo aquilo que, en materia de regulación das condicións de traballo, non estea previsto no presente convenio, ámbalas partes conveñen en aplicar supletoriamente as disposicións do convenio colectivo estatal de industrias lácteas e derivados, naquelas das súas disposicións que non sexan incompatibles coa propia actividade desenvolta por La Lactaria Española, S.A. -planta de Lugo-. En todo caso, será de aplicación directa ou supletoria o Estatuto dos traballadores.

ANEXO I

Táboa indicativa de salario base para convenio 1995 e 1996

Grupo obreiroPtas./mes

Peón97.221
Peón especialista104.705
Especialista 3ª106.286
Especialista 2ª107.622
Especialista 1ª109.156
Oficial 3ª O.V.106.286
Oficial 2ª O.V.107.622
Oficial 1ª O.V.109.156

Grupo subalternoPtas./mes

Almaceneiro109.535
Vixilante103.939

Grupo administrativoPtas./mes

Telefonista103.939
Aux. Admon.103.939
Oficial 2ª Admon.116.676
Oficial 1ª Admon.125.388
Xefe 2ª Admon.140.833
Xefe 1ª Admon.148.041

Grupo comercialPtas./mes

Xefe de vendas136.242
Insp. rexional vendas125.388

Grupo técnicoPtas./mes

Auxiliar laboratorio103.939
Oficial laboratorio116.676
Insp. Dist. leiteiro119.189
Capataz125.388
Encargado126.911
Xefe de sección136.242
Tec. titulado medio148.041
Tec. titulado superior162.666

Táboa indicativa de antigüidade para 1995 e 1996

Grupo obreiroAntigüidade

Peón2.917
Peón especialista3.141
Especialista 3ª3.189
Especialista 2ª3.229
Especialista 1ª3.275
Oficial 3ª O.V.3.189
Oficial 2ª O.V.3.229
Oficial 1ª O.V.2.275

Grupo subalternoAntigüidade

Almaceneiro3.286
Vixilante3.118

Grupo administrativoAntigüidade

Telefonista3.118
Aux. Admon.3.118
Oficial 2ª Admon.3.500

Oficial 1ª Admon.3.762
Xefe 2ª Admon.4.225
Xefe 1ª Admon.4.441

Grupo comercialAntigüidade

Xefe de vendas4.087
Insp. rexional vendas3.762

Grupo técnicoAntigüidade

Auxiliar laboratorio3.118
Oficial laboratorio3.500
Insp. Dist. leiteiro3.576
Capataz3.762
Encargado3.807
Xefe de sección4.087
Tec. titulado medio4.441
Tec. titulado superior4.880

Esta táboa está calculada conforme o 3% do salario base (anexo I) do presente convenio.

ANEXO II

Táboa indicativa de plus convenio para 1995 e 1996

Grupo obreiroPtas./mes

Peón11.685
Peón especialista29.739
Especialista 3ª32.345
Especialista 2ª35.403
Especialista 1ª38.441
Oficial 3ª O.V.19.283
Oficial 2ª O.V.22.323
Oficial 1ª O.V.38.441

Grupo subalternoPtas./mes

Almaceneiro38.441
Vixilante22.323

Grupo administrativoPtas./mes

Telefonista19.283
Aux. Admon.19.282
Oficial 2ª Admon.35.403
Oficial 1ª Admon.38.441
Xefe 2ª Admon.43.204
Xefe 1ª Admon.53.573

Grupo comercialPtas./mes

Xefe de vendas40.492
Insp. rexional vendas35.574

Grupo técnicoPtas./mes

Auxiliar laboratorio19.282
Oficial laboratorio35.574
Insp. Dist. leiteiro37.094
Capataz41.283
Encargado47.448
Xefe de sección53.573
Tec. titulado medio53.573
Tec. titulado superior58.877

Acta complementaria I o convenio colectivo a partir do 1 de agosto 1995 ó 31 de decembro de 1996.

1.-As quendas nocturnas dos días 24 e 31 de decembro que houbese que traballar por ser día laborable, consideraranse como descanso non recuperable. Así mesmo a quenda de tarde dos mencionados días terá horario de 14 a 20 horas.

ANEXO III

Clasificación segundo funcións: categorías e definicións.

O persoal de tódalas sociedades que forman o grupo LESA, clasificarase, en atención á función que desempeña, nalgún dos seguintes grupos profesionais:

1.-Persoal directivo.

2.-Persoal técnico.

3.-Persoal administrativo.

4.-Persoal comercial.

5.-Persoal subalterno.

6.-Persoal obreiro.

1.-Persoal directivo.

Defínese como persoal directivo as persoas que realizan funcións de dirección na empresa cos cargos de presidente, xerente, directores, subdirectores e xefes de planta, non regulados polos convenios colectivos da sociedade correspondente.

2.-Persoal técnico.

Este grupo comprende as seguintes categorías:

-Titulado superior.-Titulado medio.-Xefe de fabricación.-Xefe de sección.-Encargado.-Capataz.-Inspector distrito leiteiro.-Oficial de laboratorio.-Auxiliar de laboratorio.

Definicións:

a) Titulados superiores.

Son os que, posuíndo un título profesional oficial, de carácter universitario, de escola técnica de grao superior, ou coñecementos equivalentes na materia, recoñecidos pola empresa, realizan nesta funcións propias da súa titulación ou coñecementos.

b) Titulados medios.

Son os que, posuíndo un título facultativo de escola de grao medio, de escola universitaria ou coñecementos equivalentes na materia recoñecidos pola empresa, desempeñan as funcións propias dos ditos títulos ou coñecementos, baixo a supervisión directa da dirección ou titulados superiores.

c) Xefes de fabricación.

Son os que, baixo a supervisión directa do director de producción, teñen a responsabilidade da planificación, dirección, coordinación e control dos procesos de producción e de mantemento de máquinas

e instalacións, establecendo a forma na que debe realizarse o traballo, dirixindo e coordinando ó persoal técnico e encargado de producción e mantemento.

d) Xefes de sección.

Son os que, baixo a supervisión directa do director correspondente, teñen a responsabilidade da sección, exercendo as funcións de dirección, coordinación e control dos encargados, capataces e operarios da sección, así como das distintas tarefas da sección, observando o funcionamento dos distintos órganos que comprende a mesma, respondendo da disciplina do persoal, da distribución do traballo, boa execución deste e conservación dos utensilios e instalacións.

e) Encargados.

Son os que, con coñecementos e experiencia amplos, tanto teóricos como prácticos, sobre os procesos productivos, dirixen, coordinan e controlan os traballos de varias liñas de producción, baixo a supervisión directa do xefe de fabricación ou do xefe de sección, sendo responsables da forma de execución, disciplina do persoal e conservación dos utensilios e instalacións ó seu cargo.

f) Capataces.

Son os que, con coñecementos e experiencia amplos sobre procesos de almacén de productos terminados e materias auxiliares, baixo a supervisión do seu inmediato superior, e polas súas especiais condicións, se lles confía a dirección dun grupo de traballadores.

g) Inspector de distrito leiteiro.

Son os que realizan funcións de vixilancia e control do servicio de recollida e transporte, estatísticas de producción, toma de mostras, control e asesoramento de gandeiros no mantemento e mellora dos seus medios de producción, gando, cortes, instalacións, etc., e outras funcións que lles poden confia-los seus superiores en relación coa modificación, limpeza, comprobacións de calidades nos distritos leiteiros, como calquera outra específica do seu labor de control e asesoramento.

Colabora cos seus xefes nas funcións de liquidación e pagamento a gandeiros.

h) Oficial de laboratorio.

Son os que, cun coñecemento técnico e práctico, a nivel de formación profesional de 1º ou 2º grao ou coñecementos similares recoñecidos pola empresa, das normas, instrumentos e procesos de análises de laboratorio, realizan toda clase de análises físicas, químicas ou bacteriolóxicas na empresa e/ou verifican os procesos de elaboración, producción e de producto terminado, con responsabilidade técnica sobre as análises e verificacións realizadas, baixo a supervisión directa do responsable do laboratorio ou departamento de calidade.

i) Auxiliar de laboratorio.

Son os que, con coñecementos técnicos e prácticos mínimos, realizan análises físico-químicas de manera instrumental e axudan ós oficiais de laboratorio en

tarefas sinxelas que poidan ter unha rápida comprobación.

3.-Persoal administrativo.

Comprende este grupo as seguintes categorías:

-Xefe de primeira.-Xefe de segunda.-Oficial de primeira.-Oficial de segunda.-Auxiliares.-Telefonista.

a) Xefes de primeira.

Son os empregados que provistos ou non de poderes, baixo a supervisión do director correspondente, teñen a responsabilidade de dirixir, coordinar e controlar unha ou varias seccións administrativas, imprimíndolles unidade e distribuíndo o traballo.

b) Xefes de segunda.

Son os empregados que, provistos ou non de poderes limitados e supervisados por un director ou un xefe de primeira, teñen a responsabilidade de dirixir, coordinar e controlar unha sección ou grupos de traballo administrativos, imprimíndolles unidade e distribuíndo o traballo entre o persoal que del depende.

Queda incluído nesta categoría o tesoureiro, responsable de caixa.

c) Oficiais de primeira.

Son os empregados que, baixo a supervisión dun xefe de 1ª ou un xefe de 2ª, teñen a responsabilidade dun servicio ou función determinada, dentro do cal exercen iniciativa e posúen responsabilidade, con ou sen persoal ó seu cargo, para o que se precisa coñecementos xerais de administración a nivel de FP-1 ou similar e coñecementos específicos amplos de servicio ou función correspondente.

Inclúense nesta categoría as funcións de secretaría de dirección, caixeiro, cobramentos e pagamentos sen asinar nin fianza, transcrición de libros oficiais contables, programadores e operadores de informática.

d) Oficiais de segunda.

Son os empregados que teñen iniciativa e responsabilidade restrinxida sobre un servicio ou un conxunto de tarefas administrativas, para as que se precisan coñecementos xerais de administración a nivel de F.P.-1 ou similar e coñecementos básicos sobre as tarefas ou servicio que realizan.

Inclúense nesta categoría profesional os perforistas.

e) Auxiliares.

Son os empregados que realizan tarefas e operacións elementais administrativas, para as que precisan coñecementos básicos administrativos. Poderán así mesmo realizar outras tarefas non burocráticas, tales como pasar, anotar pesos, comprobar existencias, etc.

f) Telefonista.

Son os empregados que teñen como funcións atende-la centraliña telefónica da empresa e recibi-las

chamadas e visitas que cheguen a ela, de acordo coa política que estableza a empresa para estes temas.

4.-Persoal comercial.

Este grupo comprende as categorías profesionais seguintes:

-Xefes de vendas.-Supervisores de vendas.-Promotor de vendas.

a) Xefe de vendas.

Son os que baixo a supervisión directa do director de vendas ou comercial teñen a responsabilidade de dirixir, coordinar e controla-la acción comercial da empresa nunha ampla zona de mercado, dándolle sentido de unidade, planificando, distribuíndo o traballo ó persoal de vendas que estea ó seu cargo, e animando a xestión de vendas.

Participa co seu xefe inmediato na negociación e establecemento de condicións de vendas con clientes.

Responde da disciplina do persoal ó seu cargo e da boa execución dos traballos que lle asigne.

b) Supervisores de vendas.

Son os empregados que baixo a supervisión do xefe de vendas, teñen a responsabilidade de coordinar, animar e controla-la acción comercial dun grupo de promotores de vendas ou área de mercado.

Así mesmo realizan as funcións de visitar clientes, promover e cerrar vendas, xestionar cobramentos de operacións morosas, para clientes que pola súa importancia ou por decisión do xefe de vendas, se lle asignen.

Responde da disciplina do persoal e da boa execución dos traballos que lle asigne.

c) Inspectores ou promotores de vendas.

Son os empregados que, baixo a supervisión directa do xefe de vendas ou supervisor, percorren as zonas, rexións ou rutas que se lles asignan co obxecto de realizar visitas a clientes, promover vendas, ofrecer artigos, vixia-la colocación dos artigos nos puntos de venda, así como para controlar e anima-la acción comercial dos repartidores e autovendas, xestionar cobramentos de operacións morosas ou calquera outra misión que se lles encomende relacionada coa venda e distribución dos productos.

Cando permanezan no centro de traballo, poderán empregarse en tarefas de estatística, controis diversos ou traballos similares.

5.-Persoal subalterno.

Este grupo comprende as seguintes categorías:

-Almaceneiro.-Controlador.-Vixilante.

a) Almaceneiro.

Son os operarios que teñen a responsabilidade de recepción de mercadorías, e despacho de productos, coas operacións complementarias de medición,

pesaxe, colocación en andeis, etc., así como o rexistro e control de existencias permanente e movemento diario de mercadorías e productos.

b) Controlador.

Son os operarios que teñen a responsabilidade de controlar e vixia-la carga e descarga de productos terminados que diariamente se efectúa ó persoal de reparto e distribución, así como de rexistrar e controla-las existencias permanentes e movemento diario de almacén de productos terminados e cámara de frío.

c) Vixilante.

Son os traballadores que teñen a responsabilidade de vixia-las instalacións da empresa, coida-los accesos a ela, controlando as entradas e saídas de persoas, materias primas, logo de pesaxe destas, realizando as tarefas de custodia e vixilancia, de acordo coas instruccións recibidas dos seus superiores.

6.-Persoal obreiro.

Este grupo comprende as seguintes categorías:

-Peóns.-Peóns especializados.-Especialistas de terceira.-Especialistas de segunda.-Especialistas de primeira.-Oficiais de terceira de oficios varios.-Oficiais de segunda de oficios varios.-Oficiais de primeira de oficios varios.

a) Peóns.

Son os operarios que realizan labores para a execución dos cales soamente se require a práctica operatoria previa

b) Peóns especializados.

Son os operarios que realizan traballos concretos e determinados, para os que se require capacidade de atención, aptitudes físicas adecuadas e certa destreza operatoria, pero sen constituí-lo coñecemento dun oficio.

Entre estes postos poden comprenderse: embalar, preparar lotes e pallets de productos, pesar mercadorías, etc.

c) Especialistas.

Comprende esta categoría, nas súas tres clasificacións de primeira, segunda e terceira, aqueles operarios que, despois dun determinado período de práctica e adestramento, realizan as tarefas e operacións do proceso industrial de producción.

A clasificación de primeira, segunda e terceira establécese en función do nivel de coñecementos necesarios, complexidade, dificultade e responsabilidade das operacións que realice, así como do número de tarefas diferentes que ha de realizar dentro do proceso productivo.

Neste sentido, a clasificación corresponderase coas definicións seguintes:

Especialista de terceira.-Son os operarios que coñecen e realizan unha operación de proceso industrial

e están á fronte dunha máquina, respondendo do funcionamento dela. Considéranse dentro desta categoría os seguintes postos:

-Lavadora de cestillo.-Control visual de vidro.

Especialista de segunda.-Son os operarios que coñecen e realizan varias operacións de procesos e están á fronte de máquinas con certa complexidade (axustes, verificacións, envases, montaxes, etc.), respondendo do funcionamento delas. Considéranse dentro desta categoría os seguintes postos:

-Encaixonadora e paletizadora automática.-Elaboración (primeiro tratamento).-Conductores de carreta.-Carga, descarga e limpeza de cisternas.

Especialista de primeira.-Son os operarios que coñecen e realizan as operacións e tarefas de maior complexidade e que requiren maior destreza en todo o proceso productivo. Considéranse dentro desta categoría:

-Elaboración (segundo tratamento).-Elaboracións de iogur, pasteurizado, aséptico, queixo fresco, sobremesas, nata, manteiga, etc.-Envasado dos productos anteriores.-Caldeiras e compresores (sección de vapor e frío).-Esterilización vidro.-Desecados (torre).

d) Oficiais.

Son os operarios que, tendo realizado nas condicións legais establecidas a aprendizaxe dun oficio determinado, desempeñan as funcións propias del.

Quedan comprendidos neste grupo os conductores de recollida, distribución e turismo, mecánicos, electricistas, carpinteiros, albaneis, soldadores, etc.

Os operarios encadrados neste grupo de oficios varios clasifícanse nas seguintes categorías:

Oficiais de terceira.-Son os operarios que realizaron a aprendizaxe dun oficio e non alcanzaron os coñecementos e experiencia necesarios para executa-los traballos coa corrección esixida a un oficial de segunda.

Oficiais de segunda.-Son os operarios que realizan con adecuada corrección os traballos do seu oficio, pero sen posuiren unha especialización que lles permita realizaren os traballos máis complexos con perfección.

Encóntranse nesta categoría os conductores de distribución e recollida con menos de tres toneladas e media de carga.

Oficiais de primeira.-Son os operarios que posuíndo un oficio o practican e aplican con alto grao de perfección, realizando traballos de carácter xeral e de carácter especializado no seu oficio.

Considéranse encadrados nesta categoría os conductores de distribución e recollida con tres e media ou máis toneladas de carga.

Se algún posto non estivese recollido no presente documento por ser de nova creación ou modificación, clasificaríase de acordo cos criterios aquí establecidos, polo Comité Coordinador Estatal e a dirección do grupo, logo de informe dos representantes dos traballadores e dirección da empresa correspondente.

Acta de acordo para o ano 1996

Acórdase realizar unha subvención na compra de productos que elabora a empresa, para tódolos seus traballadores fixos incluídos no presente convenio, por unha cantidade equivalente a 32.000 ptas. anuais para o ano 1996.

Acta de acordo para o ano 1996

Acórdase a entrega no mes de decembro de 1996 dun paquete que contén productos do Nadal, por importe de 16.640 ptas.

Acta de acordo para o ano 1995 e 1996

Páctase a entrega dun reloxo de ouro e dunha placa conmemorativa a favor dos traballadores que alcancen unha permanencia ininterrompida de 25 anos ó servicio da empresa.

Acta de acordo para o ano 1995 e 1996

Vestiario.

A empresa entregaralles ós empregados e operarios a roupa de traballo en tipos, cantidades e prazos seguintes:

SecciónTipos

de roupa

CantidadeCorPrazo

renovación

Produc. (oper.)Pantalón3BrancaAnual
Camisa3BrancaAnual
Xersei1BrancaBianual
Cazadora1BrancaBianual

Produc.(encarg)Pantalón3BrancaAnual
Camisa3BrancaAnual
Bata2BrancaBianual

A.P.T.(almac)Pantalón3GrisAnual
Batas3AzulBianual

VaporPantalón3AzulAnual
Camisa3AzulAnual
Xersei1AzulBianual
Chaqueta1AzulBianual

CámaraPantalón3BrancaAnual
Camisa3BrancaAnual
Xersei1BrancaBianual
Anorak1Anual(*)
Guantes1-(*)
Cazadora1BrancaBianual

CarreteirosPantalón3GrisAnual
Camisa3GrisAnual
Xersei1GrisBianual
Guantes1-(*)
Cazadora1Gris
Anorak1Azul(*)

SecciónTipos

de roupa

CantidadeCorPrazo

renovación

AlmacénBata3AzulinaBianual

LaboratorioPantalón3BrancaAnual
Bata3BrancaBianual

MantementoPantalón3AzulAnual
Camisa3AzulAnual
Xersei1AzulBianual
Cazadora1AzulBianual

Calzado.

Ós operarios que traballen nas seccións de producción, vapor, cámara, carreteiros, almacén e mantemento, entregaráselles un par de botas (chirucas ou similar).

Ós encargados de fábrica e empregados de laboratorio entregaráselles un par de zapatos brancos ou botas.

A renovación do calzado e da roupa marcada co (*) farase cando se presenten deterioradas ou desgastadas as que se lles entregaron.

É obriga de cada empregado e operario da empresa mante-lo seu uniforme de traballo en condicións adecuadas de presentación e limpeza.

O incumprimento reiterado desta obriga será considerado como falta leve, podendo alcanza-la cualificación de falta grave nos casos de manifesto desinterese e abandono no cumprimento dela.

9602675