Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 17 de xuño de 1996 Páx. 5.943

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (116/1995).

María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos de divorcio que se seguen neste xulgado co número 116/1995, se dictou sentencia que ten un encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela o 10 de abril de 1996, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos deste cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de divorcio, seguido neste xulgado co número 116/1995, no que actuaron como partes María Marcelina Longueira Lis, maior de idade e veciña de Santiago de Compostela, representada polo procurador dos tribunais Antonio Cuns Núñez e asistida pola letrada Inés Barreiro; como demandado Haissam Darwich, maior de idade e en descoñecido paradoiro.

Decido que debo decretar e decreto a disolución por divorcio do matrimonio formado por María Marcelina Longueira Lis e Haissam Darwich. Non se fai imposición de custas. Unha vez firme esta resolución, líbrense os despachos oportunos, para practica-la inscrición marxinal desta no Rexistro Civil. Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial neste xuglado no prazo de cinco días desde a notificación.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoo e asínoa. Dou fe».

E para que así conste e lle sirva de notificación ó demandado Haissam Darwich, en paradoiro descoñecido, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vinteseis de abril de mil novecentos noventa e seis, dou fe.

Rubricado

9603615