Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 17 de xuño de 1996 Páx. 5.943

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (209/1993).

María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe e certifico que nos autos de xustiza gratuíta tramitados neste xulgado co número 209/1993, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal que segue:

«En Santiago de Compostela o nove de abril de mil novecentos noventa e seis, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil incidental de xustiza gratuíta, substanciada polos trámites de xuízo verbal seguido neste xulgado co número 209/1993, e como peza separada do procedemento de separación do mesmo número, no que actuaron, como parte demandante, Salomé Rodríguez Rodríguez, representada polo procurador dos tribunais Caamaño Frade, e asistida da letrada Luisa González Rodríguez, nomeados ambos de oficio, e no que se lle deu audiencia a Francisco Javier Sanmartín Carreira e ó letrado da Xunta de Galicia.

Decido que estimo a demanda presentada, e debo declarar e declaro o dereito á xustiza gratuíta de Salomé Rodríguez Rodríguez, co obxecto de litigar en xuízo de separación contra Francisco Javier Sanmartín Carreira, sen prexuízo do disposto nos artigos 28, 45 e 48 da LAC, e declaro de oficio as custas causadas. Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial neste xulgado, no prazo de cinco días desde a notificación, conforme o trámite previsto no artigo 733 da LAC.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa. Dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado Francisco Javier Sanmartín Carreira, en paradoiro descoñecido, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o dous de maio de mil novecentos noventa e seis, dou fe.

Rubricado

96-4038