Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 17 de xuño de 1996 Páx. 5.942

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (334/1994).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de Xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos dos que se fará mención, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din así:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o cinco de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 334/1994, seguidos por agresión, nos que foi denunciante Domitila Fernández Blanco, maior de idade; e nos que aparece como parte denunciada Pilar Pampín Piñeiro, maior de idade, sendo parte igualmente o Ministerio Fiscal.

Decido que debo condenar e condeno a Pilar Pampín Piñeiro como autora responsable dunha falta de agresión, do artigo 582 do Código Penal, á pena de dous días de arresto menor a extinguir no seu domicilio, e debe indemnizar a Domitila Fernández Blanco na cantidade de 10.000 pesetas. Así mesmo,

deberá aboa-lo pagamento das custas procesuais causadas nesta instancia.

Contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e lle sirva de notificación en legal forma a Pilar Pampín Piñeiro, que se atopa en ignorado paradoiro, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vintenove de abril de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

9603632