Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 17 de xuño de 1996 Páx. 5.942

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (102/1996).

En virtude do acordado pola maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, nos autos de xuízo de cognición número 102/1996, seguido por instancia do procurador García Piccoli Atanes, na representación de Caixa Postal, S.A., contra José Manuel Crespo Valladres acordouse empraza-lo demandado, co fin de que no prazo de nove días compareza nos autos por medio de letrado, facéndolle saber que se comparece en forma concederánselle tres días para contesta-la demanda.

Todo iso con apercibimento de que se non comparece será declarado en rebeldía, seguindo o preito o seu curso, facéndolle as notificacións que recaian nos estrados do xulgado.

E para que así conste e lle sirva de emprazamento en forma ó demandado José Manuel Crespo Valladares, actualmente en ignorado paradoiro, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o 6 de maio de 1996.

O secretario

Rubricado

9603614