Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 17 de xuño de 1996 Páx. 5.942

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación de remate (179/1996-04).

Fco. Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela,

Fago saber que no xuízo executivo seguido perante este xulgado co número 179/96, por instancia da Caixa de Aforros de Galicia, representada pola procuradora Losada Gómez, contra a entidade Trasyn, S.L. e outros, sobre reclamación de cantidade de 4.666.435 pesetas de principal e 2.500.000 pesetas para xuros, gastos e custas; e dado que a entidade demandada se atopa en paradoiro ignorado por medio da presente cédula cítase a dita demandada co fin de que no termo improrrogable de nove días compareza en forma en autos, mediante procurador e letrado, e se opoña á execución se lle convén, facendo constar que as copias desta demanda e documentos se atopan nesta secretaría ó seu dispor e apercibíndoo de que de non comparecer será declarada en rebeldía, seguindo o pleito o seu curso, sen o volver citar nin lle facer outras notificacións que as que determine a lei.

Sen previo requirimento de pagamento procedeuse ó embargo dos seguintes vehículos:

Nissan M 125 14, camión caixa, matrícula C-5758-AY.

Nissan L 50 09, camión caixa, matrícula C-8236-AV.

Man 16 192 FL, camión, matrícula C-6822-AS.

E para que conste e sirva de citación en legal forma á demandada, en paradoiro descoñecido, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, o vintecatro de abril de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

9603634