Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 17 de xuño de 1996 Páx. 5.914

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 1996, do tribunal designado para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados, convocadas pola Orde do 28 de novembro de 1995 da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se ordena a publicación da proposta de relación de aspirantes que superaron as devanditas probas selectivas.

Na sesión do tribunal designado para xulga-las anteditas probas selectivas, celebrada no día de onte, acordouse, de conformidade co disposto na base IV.1 da reseñada convocatoria, facer pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións alcanzadas, con indicación do seu documento nacional de identidade.

Así mesmo, e tal e como esixe a xa mencionada base, acordouse que o tribunal lle envíe ó director xeral da Función Píublica a aludida relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, con indicación da puntuación acadada en cada un dos exercicios, ós efectos de que os que figuren na dita proposta sexan nomeados funcionarios de carreira.

A orde de puntuación dos devanditos aspirantes establécese de acordo coa orde resultante da suma das puntuacións obtidas na oposición, tal e como dispón a base II.3.6 da convocatoria, e é a que figura no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 1996.

José Vicente Alvariño Alejandro

Presidente do tribunal

ANEXO

DNI: 32.792.306

Apelidos: Benedeti Corzo

Nome: Susana Loreta

Puntuación: 110,63

DNI: 32.779.111

Apelidos: Pillado Quintáns

Nome: Manuel

Puntuación: 109,08

DNI: 33.312.094

Apelidos: Vázquez Seijas

Nome: Juan José

Puntuación: 102,65

4370