Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 17 de xuño de 1996 Páx. 5.908

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición, rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Serphos, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Serphos, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 1-4-1996, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, o 22-3-1996. De conformidade co disposto no artigo 90.2º y 3º, do Real decreto legislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 3 de abril de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Vigo

Convenio 1996-1997 Serphos, S.A.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio regulará as condicións ás que se axustarán as relacións laborais e económicas entre a empresa Serphos, S.A. e o persoal dependente dela, e haberá que aterse, no non previsto nel, ó disposto no Estatuto dos traballadores e á lexislación laboral vixente.

O centro de traballo atópase actualmente no Porriño.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

Con independencia da data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, o presente convenio terá efectos económicos desde o 1 de xaneiro de 1996, e establécese a súa duración ata o 31 de decembro de 1997.

Serán respectadas na súa totalidade aquelas condicións económicas máis beneficiosas que teña o traballador ou traballadora, concedidas pola empresa por pacto ou costume.

Artigo 3º.-Compensacións e absorcións.

As condicións económicas establecidas no presente convenio, consideradas no seu conxunto, poderán compensa-las existentes na data de entrada en vigor, calquera que sexa a orixe ou causa delas. Así mesmo, poderá absorberse calquera outra condición superior que, fixada por disposición legal, convenio colectivo, etc., puidese aplicarse no futuro.

Artigo 4º.-Representación do persoal.

Tódalas condicións económicas, sociais, de traballo, horarios, quendas, etc., non consideradas no presente convenio, serán de obrigada negociación entre a dirección e os representantes do persoal.

Artigo 5º.-Remuneracións.

O persoal afectado por este convenio rexerase pola táboa de salarios anexa.

O persoal procedente dos fondos de promoción de emprego (FPE) percibirá un complemento mensual, na contía que se establece na devandita táboa.

As categorías de encargado de mantemento e de axente técnico de dirección percibirán un complemento mensual, na mesma contía que o persoal procedente dos FPE.

Para o segundo ano de vixencia, 1997, procederase a negociar entre ámbalas dúas partes os incrementos económicos.

Artigo 6º.-Antigüidade.

Todo o persoal afectado por este convenio percibirá un plus por antigüidade, polo importe do 7% do seu salario e os complementos, por cada quinquenio cumprido.

Artigo 7º.-Pagas extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio percibirá as pagas extraordinarias correspondentes ós meses de xullo e decembro, na contía cada unha de 30 días do salario base máis antigüidade, e complemento, se é o caso, calculadas sobre as táboas anexas.

As pagas extraordinarias serán concedidas en proporción ó tempo traballado; ratearase cada unha por semestres naturais do ano no que se aboen. A paga correspondente ó primeiro semestre aboarase entre os días 15 e 20 de xullo. No que respecta á do segundo semestre, aboarase entre o 15 e o 20 de decembro.

As pagas extras non se verán afectadas por incapacidades temporais debidas a accidente de traballo ou enfermidade profesional; nestes casos percibiranse integramente.

Artigo 8º.-Plus de nocturnidade.

Establécese un plus de nocturnidade na contía do 30% sobre o salario base de cada traballador, que se percibirá sobre as horas efectivas traballadas; a este respecto, enténdese como xornada nocturna a comprendida entre as 22 e as 6 horas.

No caso de que as horas nocturnas se realizasen en sábado, domingo ou festivo, o plus de nocturnidade será do 40%. Este incremento non implica

que as ditas xornadas sexan consideradas como especiais, para os efectos do disposto no artigo 11º que regula a xornada de traballo.

Artigo 9º.-Horas extraordinarias.

Aboaranse na contía que se sinala na táboa de salarios anexa ó texto do convenio.

Alternativamente, o traballador ou traballadora poderá escolle-la compensación en descanso. De escoller esta opción, o tempo de descanso desfrutarase canto antes, e limitarase o número de persoas a dúas por quenda.

Tamén poderá opta-lo traballador ou traballadora por acumula-lo tempo compensatorio de descanso ata completa-las horas dunha xornada, con aplicación igualmente da limitación disposta no parágrafo anterior.

Exclúense os meses de xullo e agosto, para efectos de desfrute de horas ou xornadas acumuladas pola realización de horas extras.

O valor das horas extras queda como segue:

Tipo de hora extraValor ptas.Valor descanso

Normal (luns a sábado)1,50% 1,75%

Domingo ou festivo 1,70%1,75%+0,20% (plus)

Nocturna (luns a sábado)1,80%1,75%*0,30% (plus)

Nocturna (domingo ou festivo)1,90%1,75%*0,40% (plus)

As porcentaxes que se relacionan refírense ó valor dunha hora normal de traballo. A porcentaxe do 0,20, 0,30 e 0,40% establecida en concepto de plus, engadida ó valor da hora de descanso, compensarase sempre economicamente.

En ningún caso a aplicación das porcentaxe referidas a «valor pesetas» pode resultar unha contía inferior á existente durante 1995, polo que, de darse esta circunstancia, se manterá como mínimo o valor xa existente.

As porcentaxes que determinan finalmente o valor pesetas da hora extra, así como as referidas ó plus no valor descanso, calcularanse sempre e exclusivamente sobre o salario base vixente para cada categoría.

Artigo 10º.-Pagamento de nóminas.

O pagamento das nóminas farase mensualmente. Nembargantes, o persoal poderá solicitar coa debida anticipación cantidades a conta dos seus haberes devengados.

Canto ó xeito de pagamento, haberá que aterse ó disposto no Estatuto dos traballadores.

Para todo o persoal, tanto de producción como de oficinas, considéranse as mensualidades de 30 días.

Artigo 11º.-Plus de transporte.

Serphos, S.A. aboará a todo o seu persoal un plus transporte mensual, na contía que se establece na táboa de salarios anexa.

Artigo 12º.-Xornada de traballo.

Sendo Serphos, S.A. unha empresa de servicios, establécese unha xornada laboral anual de 1.808 horas efectivas de traballo, distribuídas de luns a domingo, cos descansos que establece a lei e de acordo co horario e quendas indicados sempre pola empresa, coas limitacións que sinale a lei.

Ó se realiza-la xornada laboral por equipos en réxime de quendas, e cando así o requira a organización do traballo, poderanse computar por períodos de ata 4 semanas os descansos de 12 horas entre xornadas e de 36 horas semanais. Non se computa como xornada para tódolos efectos o período destinado a bocadillo.

Durante o ano 1996 establécense dúas quendas cos seguintes horarios:

Mañás (de luns a sábado), de 7 a 14 horas, con 20 minutos de descanso, equivalente a 6,67 horas de traballo efectivo.

Tardes (de luns a venres), de 14 a 22.05 horas, con 15 minutos de descanso, equivalente a 7,83 horas de traballo efectivo.

Ademais, establécese, mentres as condicións do servicio que presta a empresa así o esixan, unha quenda de 7 a 14 horas os domingos e festivos.

Artigo 13º.-Vacacións.

As vacacións serán de 30 días naturais, dos que 26 serán hábiles, entre os que se inclúen os sábados non festivos. Desfrutaranse preferentemente entre o 21 de marzo e o 21 de setembro. O calendario das vacacións fixarase con 2 meses de anticipación. Para tal efecto, a empresa fará proposta de calendario vacacional ós representantes do persoal.

Dentro do dito calendario, poderán establecerse quendas partidas de vacacións, non máis de dúas, de xeito que parte delas se desfruten fóra do período sinalado como preferente.

O persoal fixo discontinuo desfrutará en cada ano, dentro do período preferente establecido anteriormente, 15 días das súas vacacións, correspondentes a ese mesmo período do ano natural. O resto das vacacións que poida corresponderlle, pola proporción do tempo traballado nese mesmo período do ano natural, será para desfrutar a partir do 1 de xaneiro do ano seguinte.

Na aplicación do disposto no parágrafo anterior, se á fin do ano a proporción de vacacións que corresponda desfrutar é inferior ós 15 días xa desfrutados, os días de exceso descontaranse nas vacacións do ano seguinte.

No caso de que calquera traballador ou traballadora, chegada a súa quenda vacacional, se atopase en situación de incapacidade temporal por accidente de traballo ou enfermidade profesional, terá dereito ó desfrute en período distinto, unha vez que remate a súa situación de incapacidade temporal, sempre e cando haxa tempo material para o desfrute dentro do mesmo ano natural.

Se por causas conxunturais (avarías, falta de subministracións de enerxía, auga, ou calquera outra circunstancia de forza maior), a empresa se vise obrigada a parar ou diminuír sensiblemente a súa producción, poderanse determinar outras datas de vacacións, logo de acordo cos representantes dos traballadores. No caso de desacordo insalvable,

aplicaranse as condicións legais vixentes nesa altura.

As datas do 1 de maio e 25 de xullo serán inhábiles na empresa, salvo que esta considere que o servicio que presta ós seus clientes resulte seriamente prexudicado por tal motivo. En tal caso, este extremo seralles comunicado ós representantes do persoal cunha anticipación de 48 horas.

Con carácter exclusivo para 1996 e co fin de que a circunstancia de ano bisesto non supoña unha xornada superior á do ano 1995, engádese un día ó período vacacional.

Artigo 14º.-Bolsa de vacacións.

Os traballadores e traballadoras pertencentes ó grupo de persoal fixo (agás o discontinuo), que soliciten o desfrute vacacional fóra do tempo preferente establecido no artigo anterior, pero nos meses que neste artigo se sinalan, terán dereito a cobrar en concepto de bolsa de vacacións as seguintes contías:

Vacacións para desfrutar nos meses de decembro e xaneiro: 25.00 pesetas.

Vacacións para desfrutar no mes de febreiro: 20.000 pesetas.

As contías anteriores refírense ó período completo de vacacións. Para o caso de desfrute parcial delas dentro dos meses afectos á bolsa, a contía para percibir será proporcional ó tempo desfrutado.

Artigo 15º.-Licencias e permisos.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneracion, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Casamento do traballador ou traballadora: 15 días naturais.

b.1) Nacemento de fillos: 3 días naturais.

b.2) Enfermidade grave de cónxuxe, fillos ou pais: 3 días naturais.

b.3) Morte de cónxuxe, fillos ou pais: 3 días naturais.

b.4) Enfermidade grave de demais parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade: 2 días naturais.

b.5) Morte de demais parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade: 2 días naturais.

b.6) Morte de parentes de terceiro grao de consanguinidade ou afinidade: media xornada no día do enterro, sempre que este cadre coa xornada do traballador ou traballadora.

c) Por traslado de domicilio habitual: 2 días naturais.

Nos casos de licencia por calquera das causas consideradas nos apartados b.1, b.3 e b.5, un dos días de licencia será hábil para os efectos do rexistro civil.

As licencias consideradas nos apartados b.1, b.2, b.4 e c poderanse usar por medias xornadas, sen

que esta opción poida supor en ningún caso supera-la licencia establecida en cada apartado.

Nos casos de finamento do cónxuxe, pais ou fillos do traballador, os 3 días naturais de permiso entenderanse como adicionais do día do feito causante.

d) Por pasamento de fillo ou filla, pais ou irmáns: 1 día natural, referido exclusivamente á data do casamento.

Nas unións de feito, a compañeira ou compañeiro asimílanse ós cónxuxes, para exerce-lo dereito ó uso das licencias establecidas no presente artigo.

e) Para realización de funcións sindicais ou de representación do persoal, nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

Os representantes do persoal pertencentes a unha mesma central sindical poderán crear unha bolsa de horas sindicais, por períodos dun ano, sen que en ningún caso poida supera-lo número de horas adxudicado a cada representante incluído na bolsa. O control das horas acumuladas na bolsa será trimestral, e limitarase o uso do crédito horario ó trimestre que corresponda; é dicir, impedirase o traslado deste crédito a outro trimestre.

Por solicitude da totalidade dos delegados do persoal, a empresa poderá estudia-la concesión de permiso retribuído nos casos especiais que saen das normas establecidas nos apartados anteriores e que puidesen asemellarse a eles, despois de comprobar e acreditar nomeadamente os devanditos delegados, a certeza do feito causante.

Artículo 16º.-Excedencias.

As excedencias serán aplicadas de acordo co artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

Para a reincorporación automática ó posto de traballo, agás o contido no devandito E T será preciso que legalmente se poida substituí-lo dito posto cun traballador con contrato interino polo mesmo período da excedencia concedida.

Artigo 17º.-Aviso de cesamento.

Todo o persoal afectado por este convenio, se pretenderá cesar ó servicio da empresa, avisará por medio de escrito sinxelo, cunha anticipación mínima de 15 días, agás o persoal titulado, técnico ou administrativo, que o farán cun mes. O incumprimento da obriga de avisar coa devandita anticipación daralle dereito á empresa a descontar da liquidación do traballador unha contía equivalente ó importe da súa retribución total diaria por cada día de atraso no aviso.

Así mesmo, a empresa comunicaralle ó persoal, nos casos de contratos de duración superior a 3 meses, o seu cesamento por escrito cun prazo mínimo de 15 días. Os avisos cun prazo inferior suporán para o traballador o dereito a cobrar como indemnización o salario dos días de menos con respecto ó aviso aquí establecido. A empresa entregará a calquera traballador cesante, con 48 horas de anticipación, copia do recibo de liquidación. O tra

ballador terá dereito á presencia dun representante do persoal no asinamento da liquidación.

Artigo 18º.-Póliza de vida.

Contrátase unha póliza de seguro colectivo de vida, para todo o persoal da empresa, coa cobertura dos seguintes riscos:

Morte por causa común: 1.000.000 ptas.

Morte por accidente laboral: 3.000.000 de ptas.

Invalidez permanente total por causa común: 2.000.000 de ptas.

Invalidez permanente total por accidente laboral: 5.000.000 de ptas.

Invalidez permanente absoluta por causa común: 3.000.000 de ptas.

Invalidez permamente absoluta por accidente laboral: 6.000.000 de ptas.

O importe da dita póliza será aboado integramente pola empresa. No suposto de rexeitamento da proposta de seguro pola compañía aseguradora para algún traballador, queda sen efecto a obriga empresarial aquí pactada, e incluiráselle nos seus haberes o importe da contribución empresarial que suporía a inclusión do dito traballador na devandita póliza.

A empresa entregará a cada traballador fotocopia da póliza contratada.

Artigo 19º.-Roupa de traballo.

A empresa dotará ó seu persoal da correspondente roupa de traballo.

O persoal recibirá tres uniformes de traballo cada dous anos e, se fose preciso, logo de xustificación, seralle proporcionado un cuarto.

A empresa facilitará anualmente un equipo de calzado axeitado para as tarefas que se vaian desenvolver.

O uso do uniforme enténdese como obrigatorio.

Artigo 20º.-Recoñecementos médicos.

A empresa está obrigada a solicitar do Comité Técnico de Seguridade e Hixiene da provincia, ou da mutua padroal coa que teña concertadas as continxencias de accidentes de traballo, un recoñecemento médico anual como mínimo para todo o persoal. O tempo empregado, así como os gastos do desprazamento serán a cargo da empresa.

Artigo 21º.-Incapacidade temporal (IT).

O traballador ou traballadora afectado por incapacidade temporal, debido a causas de accidente de traballo ou enfermidade profesional, percibirá como complemento por parte da empresa unha contía diaria de 700 ptas., mentres dure a situación de incapacidade e por un período máximo de dous anos.

Artigo 22º.-Préstamo ó persoal.

A empresa constituirá un fondo por un valor máximo de 1.500.000 ptas. (un millón cincocentas mil

ptas.) durante a vixencia deste convenio, para distribuír como préstamo entre o persoal.

A concesión dos ditos préstamos e as condicións de devolución serán estudiadas polos representantes legais dos traballadores e un representante designado pola empresa, en función das necesidades concretas expostas en cada caso.

O límite dos préstamos fíxase en 500.000 ptas. (agás casos excepcionais).

A cota mínima de devolución mensual será do 5% do importe do préstamo.

Artigo 23º.-Categorías.

Peón.

En xeral, é o traballador que, sen posuír coñecementos de calquera especialidade, limita as súas funcións á contribución do seu esforzo físico e á execución de traballos non especializados.

Considerarase peón todo aquel traballador que desempeñe a súa función xeralmente baixo a supervisión dalgún especialista, principalmente nas funcións de descarga de roupa suxa, selección, pesaxe e introducción da roupa nalgunha das lavadoras ou túnel de lavado; defínense as súas funcións principais nas seguintes:

-Desprazar roupa lavada ás máquinas de tratamento posterior.

-Recoller roupa tratada e levala á zona de empaquetamento ou á carga en furgoneta de saída.

-Limpeza xeral da nave e instalacións.

O traballador ou traballadora encadrada nesta categoría nunca realizará traballos con ningún tipo de máquina. As súas funcións non excederán das exclusivamente consideradas como auxiliares do proceso productivo.

Cubrirá os seus correspondentes partes de traballo, nos que reflectirá a actividade realizada nas súas horas de traballo. Realizará, ademais, todas aquelas funcións semellantes que lle sexan encomendadas polos seus superiores.

Axudante especialista.

En xeral, é o traballador ou traballadora que, cuns coñecementos xerais do oficio correspondente, auxilia ó persoal especializado da súa categoría na execución dos traballos propios, ou efectúa outros de menor importancia.

Ademais de tódalas funcións do peón, desempeñará con mínima autonomía as seguintes tarefas:

-Manexo de máquinas habituais de lavandería, tales como calandra, pregadora, túnel de batas, pranchas, robot, etc.

-Colaborar coas tarefas de mantemento das diversas máquinas e postos de traballo nos que desempeñe a súa función, vixiando o seu bo funcionamento.

Cando un axudante realice traballos de superior categoría durante máis de seis meses, consolidará a categoría superior, sempre que exista quenda de acceso a este de libre designación da empresa e posúa os coñecementos necesarios debidamente acreditados por probas de suficiencia.

Especialista.

Considerarase especialista aquel traballador ou traballadora con capacidade para desempeñar funcións en calquera dos variados postos que compoñen o proceso de producción de lavandería.

Ademais de tódalas funcións do axudante especialista, encargarase de:

-Tarefas de mantemento habituais de calquera máquina, que non supoñan o uso de ferramenta especializada.

-Vixiar, a nivel de usuario, o perfecto estado e funcionamento da máquina na que desenvolva o seu traballo.

-Colaborar co persoal responsable de mantemento nas tarefas para as que sexa requirido.

-Así mesmo, realizará tódalas funcións que, pola súa semellanza coas ditas anteriormente, sexan inherentes á súa categoría.

-Todo o que lle encomende o encargado de producción, encargado de quenda ou o xefe de equipo.

Oficial lavandeiro.

É o traballador ou traballadora que, en posesión dos coñecementos precisos, a xuízo da empresa, ademais de tódalas funcións descritas para a categoría de especialista, diferénciase desta en:

-Maior coñecemento de labores de mantemento máis complexos sobre as máquinas de lavandería, coa utilización da ferramenta ou maquimaria auxiliar que para iso sexa preciso.

-Responsabilizarase da calidade final do traballo naquela máquina na que estea desenvolvendo o seu traballo, así como do perfecto funcionamento das máquinas de proceso.

Deberá coñece-lo funcionamento de tódalas máquinas do proceso productivo. O traballador ou traballadora encadrados nesta categoría deberán asistir a calquera curso que a empresa considere oportuno, para unha mellora dos seus coñecementos e da súa propia formación profesional. Neste caso, seranlles cubertos tódolos gastos que tal circunstancia lles puidese ocasionar.

Xefe de equipo.

É o traballador ou traballadora procedente da categoría de profesionais ou de oficio que, efectuando traballo manual, asume o control do traballo dun equipo.

O xefe de equipo non poderá ter baixo as súas ordes a persoal de superior categoría á súa. Cando un xefe de equipo cesa na súa función, perderá a súa retribución específica de xeito gradual. Para

estes efectos, anualmente non se lle poderá aborber do plus que cobrara unha contía maior da que supón o 50% do incremento do seu salario base. A xeito de exemplo, cando se producise un incremento no salario base mensual de 4.000 ptas., só poderá absorberse como compensación a contía de 2.000 pts.

Suplirá ó encargado cando as circunstancias o requiran.

O plus de posto de trabalo que percibirá o xefe de equipo consistirá en 17.285 ptas. mensuais, mentres realice as ditas funcións.

Encargado de quenda.

É a persoa responsabilizada de todo o relativo ó proceso productivo, en cada quenda, establecido na empresa, nomeadamente do seguinte:

-Da distribución por seccións do persoal que ten ó seu mando, para un maior aproveitamento dos recursos, trasladando o axudante técnico de dirección as necesidades de persoal, en función do traballo que se vaia realizar.

-Da calidade final do producto procesado.

-Da correcta utilización e aproveitamento da maquinaria.

-Do control dos consumibles no proceso productivo, seguindo as instruccións técnicas dos provedores.

-Do cumprimento das funcións por el encomendadas a cada operario ou operaria.

-De garanti-la producción, segundo as prioridades establecidas co axudante técnico de dirección.

-De comunicar calquera incidencia que se produza, en referencia á producción ou ó persoal, ó director xerente ou persoa por este nomeada.

O encargado de quenda cobrará pola realización das súas funcións un complemento por importe do 25% do salario base da categoría do oficial lavandeiro, que queda para o presente ano 1996 en 21.379 ptas.

O plus de encargado de quenda deixarase de percibir cando deixe de realiza-las funcións da devandita categoría.

Axudante técnico de dirección.

É a persoa responsabilizada da coordinación entre clientes e producción. Terá ademais os seguintes cometidos:

-Darlles conta ós encargados de quenda e/ou trasladar calquera circunstancia especial en relación coa roupa que se vaia tratar, establecendo con aqueles as prioridades do traballo que se vai realizar, así como de dota-las quendas de persoal, segundo as necesidades que estableza o encargado.

-Trasladarlle ó director xerente calquera incidencia que se produza nas áreas de producción, comercialización ou persoal, así como de calquera outra

que lle trasladen os encargados de quenda, incluso observacións ou suxestións destes.

-Coordina-los transportes e horarios de entrega e/ou recollida da roupa ós clientes.

-Do control do cumprimento dos horarios de traballo.

-De contactar cos provedores para dotacións dos consumibles necesarios á área de producción.

Artigo 24º.-Contratación de novo persoal.

La empresa comunicaralles ós representantes dos traballadores, con anticipación suficiente, a súa intención de contratar novo persoal, sexa eventual ou non, para os efectos de que, en igualdade de condicións, poida darse trato preferente ós familiares do persoal empregado.

No caso de novas contratacións a tempo parcial e para quendas de producción distintas das actuais, ofreceráselle en primeiro lugar a cobertura dos postos que se necesiten ó persoal que neste intre preste servicios na empresa.

En ningún caso este ofrecemento pode supo-la realización dunha xornada maior da extraordinaria.

No caso de novos contratos para cubrir postos de traballo alleos á producción, a dirección da empresa informará previamente ós representantes do persoal.

O persoal contratado para producción serao coa categoría mínima de axudante.

Artigo 25º.-Denuncia e prórroga.

O presente convenio quedará denunciado automaticamente 30 días antes da data de remate da súa vixencia. Nese prazo de 30 días, cada parte deberá comunicarlle á outra as materias que desexa que se negocien novamente. As materias sobre as que ningunha das partes se manifeste, entenderanse prorrogadas como mínimo ata o seguinte período de denuncia.

Artigo 26º.-Comisión paritaria.

De acordo co establecido na lexislación vixente, créase unha comisión paritaria, composta por tres representantes dos traballadores e un representante da empresa.

Artigo 27º.-Determinación das partes que o concertan.

O presente convenio foi subscrito, en representación dos traballadores, polos representantes do persoal, e en representación da empresa polo director xerente.

Táboa de salarios vixente durante o ano 1996

CategoríasSalario baseHora extra

valor Ptas.Valor plús

hora descansoPlús

transporte

1,50%1,70%1,80%1,90%0,20%0,30%0,40%

Axudante técnico dirección131.42212.000
Xefe de 2ª Administración85.49112.000
Oficial Administración77.80312.000
Encargado mantemento131.42212.000
Técnico electromecánico85.49112.000
Encargado fábrica102.40612.000
Encargado de turno85.9551.0691.1321.1991.26513320026612.000
Oficial lavandeiro85.9551.0691.1321.1991.26513320026612.000
Especialista82.4811.0691.0861.1501.21312819225512.000
Axudante especialista71.1738279379921.04711016522012.000
Peón67.86778889394699810515821012.000

Complemento persoal procedente dos F.P.E.: 32.991 ptas.

4657