Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 17 de xuño de 1996 Páx. 5.914

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 3 de xuño de 1996 pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres de taller de artes plásticas e deseño.

De conformidade co establecido na base décimo oitava da orde desta consellería do 10 de novembro de 1995 (DOG do 17) pola que se convocaba concurso de traslados entre profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres de taller de artes plásticas e deseño, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Adxudicar destino difinitivo en virtude de concurso de traslados ós profesores que figuran nos anexos I, II, III, IV, V e VI respectivamente, nos centros que alí se especifican.

Segundo.-Declarar en situación de expectativa de destino ós profesores que se relacionan no anexo VII.

Terceiro.-Os interesados tomarán posesión dos novos destinos que se lles adxudican por esta orde os día 12 e 13 do próximo mes de setembro, e incorporaranse ós centros os días 16 e 17 do mesmo mes. A referida toma de posesión producirá efectos económicos o día 1 de outubro de 1996 e, administrativos o día 15 de setembro do mesmo ano.

Cuarto.-Os profesores participantes neste concurso de traslados que presentasen documentación poderán retirala eles mesmos ou por medio de persoa autorizada no Servicio de Profesorado de Ensinanzas Secundaria e Especiais desta consellería (San Caetano, Santiago de Compostela), no prazo dun mes contado a partir de transcorridos tres meses desde a publicación da presente orde.

O que comunico á V.I. para o seu coñecemento e demais efectos.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Sr. Director Xeral de Persoal

9604259