Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 17 de xuño de 1996 Páx. 5.904

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

ORDE do 22 de maio de 1996 pola que se recoñece de interese galego e se ordena a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Nelson Zumel.

Visto o expediente de recoñecemento de interese galego e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Nelson Zumel, con domicilio en Lugo, r/ Centolo nº 18.

Supostos de feito:

Primeiro.-O 1 de marzo de 1996 solicitouse o recoñecemento de interese galego e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Nelson Zumel por medio de escrito presentado por Jesús Busto Peteiro, na súa calidade de portavoz da fundación.

Segundo.-A fundación constitúese en escritura pública, outorgada en Pontevedra, o día 14 de

febreiro de 1996, ante o notario do Ilustre Colexio da Coruña César Cunqueiro González-Seco, co número trescentos trece do seu protocolo, por José Nelson González Rodríguez, Jesús Busto Peteiro e Miguel Domínguez Rodríguez no seu propio nome e dereito e, ademais, José Nelson González Rodríguez en nome e representación de Mercedes Abajo Lera, José Luis González Abajo, Olga González Abajo, José Luis Balbas González, Eduardo Tamayo Barrena e José Luis Yzaguirre Romero; Jesús Busto Peteiro, en nome e representación de Carlos de Blas Armada.

Terceiro.-A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública a proposta de clasificación como cultural da Fundación Nelson Zumel, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a execución das facultades inherentes a aquel á Consellería de Cultura.

Cuarto.-Á vista da proposta da Comisión de Secretarios Xerais pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 11 de abril do 1996 (DOG do 27 de abril) clasificouse como cultural a Fundación Nelson Zumel, tendo en conta o disposto no artigo 32.3º.a) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego.

Quinto.-Segundo consta no artigo 5 dos seus estatutos o obxecto e finalidade da fundación é a difusión, promoción e estudio da obra pictórica de Nelson Zumel, en tódalas súas ramas e especialidades e poderá estende-los seus programas a disciplinas instrumentais e complementarias. Así mesmo a fundación dedicará a súa actividade á difusión, promoción e estudio da pintura española dos séculos XIX e XX, en tódalas súas ramas e especialidades, e poderá estende-los seus programas a disciplinas instrumentais e complementarias.

Para os indicados efectos, fomentará e protexerá a realización de estudios de toda índole sobre a obra pictórica de Nelson Zumel e a pintura española dos séculos XIX e XX, xa sexan de carácter teórico ou aplicativo; atenderá á transmisión destes coñecementos pictóricos e coidará do intercambio de experiencias e estudios con institucións públicas e privadas de todo o mundo relacionadas con estes temas. Tamén patrocinará premios que estimulen estes fins.

Sexto.-Na escritura pública pola que se constitúe a fundación, constan, entre outros, os seguintes puntos: acreditación da personalidade dos fundadores, dotación inicial da fundación, estatutos nos que

consta a denominación da fundación como Fundación Nelson Zumel, capacidade xurídica, enderezo e obxecto.

O padroado da fundación está integrado polos seguintes membros: José Nelson González Rodríguez como presidente, Mercedes Abajo Lera como vicepresidenta, José Luis González Abajo como secretario, Olga González Abajo como tesoureira, Jesús Busto Peteiro e José Luis Yzaguirre Romero como portavoces e José Luis Balbas González, Miguel Domínguez Rodríguez, Eduardo Tamayo Barrena e Carlos de Blas Armada como vocais.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral, de acordo coa lei. O artigo 27. 26º do Estatuto de autonomía para Galicia atribúelle a esta comunidade competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

Segundo.-Conforme o artigo 32.3º a) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, así como o artigo 1 do Decreto 12/1990, é competencia desta consellería a declaración de interese galego e inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Nelson Zumel, dado o seu obxecto, coincidente coas competencias desenvolvidas pola Consellería de Cultura, asumindo as funcións que en canto a protectorado lle corresponden á Xunta de Galicia.

Terceiro.-Ó amparo do disposto no artigo 7.5º da Lei 7/1983, do 22 de xuño, á realización da finalidade fundacional débense destinar, cando menos, o oitenta por cento das rendas que obteña a fundación e dos outros ingresos que non formen parte da dotación da fundación.

Cuarto.-A Lei 11/1991, do 8 de novembro, dálle unha nova redacción ó artigo 21.2º da Lei 7/1983, establecendo a obriga de, por unha banda, formular e presenta-lo orzamento de ingresos e gastos ó protectorado con anterioridade ó inicio do excercicio económico e, por outra, a de efectuar un inventario-balance, pechado na data da finalización do exercicio, unha memoria das actividades realizadas ó longo do ano e de xestión económica do patrimonio, así como a liquidación do orzamento de ingresos e gastos do ano anterior, que deberán presentarse ó protectorado no prazo de seis meses desde a data do peche do exercicio.

Este conxunto de obrigas débense entender asumidas pola fundación, aínda que non se recollan expresamente nos seus estatutos.

Quinto.-Á vista do exposto pódense entender substancialmente cumpridos os requisitos legais e regulamentarios para a declaración de interese gale

go e a súa inscrición no Rexistro de Fundacións da Sección de Fundacións da Consellería de Cultura segundo se desprende dos artigos 5, 6, 7, 8, 11.1 e 18 da Lei 7/1983, en relación cos artigos 2, 3, 4, 5 e 33 do Decreto 248/1992.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Primeiro.-Recoñecer e declarar de interese galego a Fundación Nelson Zumel.

Segundo.-Ordena-la súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, Sección de Fundacións da Consellería de Cultura.

Terceiro.-Aproba-los seus estatutos e a formación do seu órgano de goberno.

Cuarto.-A dita fundación queda sometida ó disposto no resto da normativa de xeral aplicación, en especial á obriga de lles da-la publicidade suficiente ás súas actividades e á ausencia de ánimo de lucro na prestación dos seus servicios, quedando obrigada a rende-las contas anualmente ó protectorado e a xustificar, a través dunha memoria anual, o cumprimento das cargas fundacionais, así como a presenta-lo proxecto de orzamento antes do último mes do exercicio económico anterior a aquel para o que se formula, debendo solicita-las preceptivas autorizacións do protectorado cando sexan necesarias.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 1996.

Victor. M. Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura

9604312