Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 17 de xuño de 1996 Páx. 5.901

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

DECRETO 237/1996, do 14 de xuño, polo que se fixa a estructura orgánica da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Publicado o Decreto 212/1996, do 6 de xuño, polo que se modifica parcialmente a estructura orgánica da Xunta de Galicia, procede estructura-la Consellería de Cultura e Comunicación Social nas direccións xerais que sexan necesarias para o cumprimento das funcións que a nova estructura comporta e adscribíndolle os organismos pertinentes.

Polo tanto, en virtude do disposto no artigo 4.15º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Cultura e Comunicación Social, e logo de deliberación

do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catorce de xuño de mil novecentos noventa e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A) A Consellería de Cultura e Comunicación Social estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Promoción Cultural.

3. Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

4. Dirección Xeral de Medios de Comunicación Social e Audiovisual.

B) Queda adscrito a esta consellería o seguinte organismo autónomo: Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais.

Disposicións transitoria

Primeira.-Mediante ordes do conselleiro de Cultura e Comunicación Social determinarase a adscrición dos órganos dependentes dos centros directivos suprimidos como consecuencia da estructura orgánica que se fixa nos artigos precedentes ós centros directivos correspondentes mentres non se regule por decreto a nova estructura orgánica no nivel de dirección xeral.

Segunda.-Os órganos dependentes dos centros directivos que non fosen obxecto de supresión, manterán a súa estructura e funcións ata que se proceda ó desenvolvemento da estructura contida no presente decreto.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior categoría se opoñan ó disposto no presente decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Economía e Facenda para que dicte as disposicións necesarias para a xestión dos créditos afectados pola nova estructura administrativa, sen que en ningún caso poida orixinarse incremento de gasto.

Segunda.-A Consellería de Economía e Facenda realizará as modificacións orzamentarias necesarias para lle dar cumprimento ó disposto neste decreto.

Terceira.-O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, catorce de xuño de mil novecentos noventa e seis.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura e Comunicación Social

4669