Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 14 de xuño de 1996 Páx. 5.894

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FORCAREI

EDICTO: levantamento de acta previa á ocupación dos bens e dereitos necesarios para a execución das obras do proxecto de apertura da rúa en Forcarei.

Polo decreto do Consello da Xunta de Galicia 131/1996, do 29 de marzo, declárase a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Forcarei (Pontevedra), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de apertura de rúa en Forcarei.

Para tal efecto e a teor do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa e demais artigos concordantes do regulamento para a súa aplicación, convócase ós titulares de bens e dereitos afectados, que figuran relacionados ó remate, para que comparezan na Casa do Concello de Forcarei o próximo día 27 de xuño ás 12 hora, para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, sen prexuízo de trasladarse posteriormente os predios que son obxecto de ocupación, todas elas en Forcarei.

Ó antedito acto deberán comparecer, portando o DNI, os titulares afectados persoalmente, ou ben representados por persoa autorizada para actuar no seu nome, podendo tamén comparecer acompañados de peritos.

Así mesmo, os interesados poderán formular por escrito ante este concello, ata o día sinalado, ou incluso no mesmo intre do levantamento da acta previa, cantas alegacións estimen pertinentes, para os efectos de emendar posibles erros que se puideran producir ó relaciona-los bens e dereitos afectados pola ocupación.

Relación que se cita.

-Predio nº 1.

Propietario: herdeiros de Sabino Mariño Pereira.

Situación: rúa de enlace entre a rúa Progreso e a rúa Francisco Filgueiras.

Cultivo: labradío.

Tipo de terreo: soar.

Superficie: 360 m.

-Predio nº 2.

Propietario: herdeiros de Sabino Mariño Pereira.

Situación: rúa de enlace entre a rúa Progreso e a rúa Francisco Filgueiras.

Cultivo: labradío.

Tipo de terreo: rústico.

Superficie: 2.310 m.

Forcarei, 7 de xuño de 1996.

Manuel Brea Porto

Alcalde

4541