Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 14 de xuño de 1996 Páx. 5.894

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 1996 pola que se anuncia concurso público de procedemento aberto, para a contratación dos expedientes que se citan (19/1996 e dous máis).

-Subministracións:

Expediente nº: 019/1996.

Obxecto: 25.500 kg de papel offset de 80 grs.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 3.700.000 ptas., IVE incluído.

Garantía provisional: 74.000 ptas.

Prazo de entrega: primeira semana de xullo.

-Obras:

Expediente nº: 410/1996.

Obxecto: construcción dun laboratorio. F. Bioloxía.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 14.604.000 ptas., IVE incluído.

Garantía provisional: 292.081 ptas.

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación: grupo A, subgrupo 1, categoría A. Grupo C, subgrupos 4 e 6, categoría B. Grupo C, subgrupos 7, 8 e 9, categoría A.

-Asistencia técnica:

Expediente nº: 647/1996.

Obxecto: servicio de mensaxería urxente.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: sen fixación previa.

Garantía provisional: 75.000 ptas.

Prazo de execución: 1 ano prorrogable.

Estes expedientes foron declarados de tramitación urxente por resolución rectoral con data 6 de xuño de 1996.

A capacidade de obrar, solvencia técnica, solvencia económica e criterios de adxudicación son os que figuran nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

A documentación para participar no concurso poderá ser consultada ou retirada na copistería Copynino, Xeneral Pardiñas, 2, galerías, Santiago de Compostela ou na copistería Unicopia, Facultade de Veterinaria, pavillón de aulas, Campus Universitario de Lugo.

As propostas presentaranse nos rexistros xerais da universidade (rectorado, praza do Obradoiro, s/n, Santiago de Compostela ou no rexistro do campus universitario de Lugo, situado no polígono de Fingoi, s/n, pavillón 4 do complexo hospitalario de veterinaria de Lugo).

O prazo de presentación das proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural,

contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A mesa de contratación reunirase o terceiro día seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións, se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil, ás 13 horas da mañá, na sala de xuntas da Casa da Balconada, Rúa Nova, 6, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 1996.

P.D. (R. 14-2-1995)

Manuel Castro Cotón

Vicerrector de Asuntos Económicos

9604585