Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 14 de xuño de 1996 Páx. 5.893

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria do servicio de cafetería no Albergue Xuvenil de Gandarío.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial da Coruña.

c) Expediente: 8/1996.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: xestión do servicio de cafetería no Albergue Xuvenil de Gandarío.

b) Lugar de execución: Gandarío (A Coruña).

c) Prazo de execución: ata a finalización do ano 1996, con posibilidade de tres prórrogas por períodos anuais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Canon a satisfacer á Administración: cota mínima de quince mil pesetas (15.000 ptas.).

5. Garantías esixidas.

Definitiva: de quince mil pesetas (15.000 ptas.).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial da Coruña.

b) Domicilio: Avda. Exército, nº 2, 1º.

c) Localidade e código postal: A Coruña 15006.

d) Teléfono: (981) 18 57 14.

e) Telefax: (981) 18 57 02.

7. Requisitos específicos do contratista.

Non se esixen.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: vinteseis (26) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

Entidade: as proposicións presentaranse en sobres pechados no rexistro da delegación provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

Domicilio: Avda. do Exército, nº 2, 1º.

Localidade e código postal: A Coruña 15006, (ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten variantes.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: Avda. do Exército, nº 2, 1º.

c) Localidade: A Coruña 15006.

d) Data: o sexto día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 9.

10. Outras informacións.

11. Gastos dos anuncios.

Este anuncio será por conta do adxudicatario.

A Coruña, 13 de maio de 1996.

Javier Nieto Álvarez-Uría

Delegado provincial da Coruña

4567