Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 14 de xuño de 1996 Páx. 5.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1996 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de servicios consistente no mantemento operativo dos servicios do laboratorio de medio ambiente industrial de Galicia.

Entidade adxudicataria: Consellería de Industria e Comercio.

Organismo: Dirección Xeral de Industria.

Número de expediente: 8/1996.

Obxecto do contrato: manter totalmente operativas as unidades móbiles de emisión e inmisión e os instrumentos de control do laboratorio de medio ambiente industrial de Galicia, dependente da Consellería de Industria e Comercio.

Lugar de execución: A Coruña.

Prazo de execución: será desde a data da súa sinatura ata o 31 de decembro de 1997.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: quince millóns de pesetas (15.000.000 de pesetas).

Garantías: provisional: 2% do orzamento de contrato (300.000 pesetas).

Obtención de documentación e información:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4º planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Teléfono: 54 55 22.

Fax: 57 34 69.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: subgrupo 7º, grupo III, categoría A.

Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, por tratarse dun expediente de tramitación urxente ó abeiro do disposto no artigo 72 da L.C.A.P.

Documentación que se debe presentar: a indicada na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Prazo durante o que o licitador estará obligado a mante-la súa oferta: 3 meses según o artigo 90 da Lei 13/1995 da L.C.A.P.

Admisión de variantes: non se admiten.

Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Data: décimo primeiro día ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Si éste fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: doce horas.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1996.

P.D. (Orde 18-5-1994, DOG 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio

4283